A ludoteca coeducativa é un espazo socioeducativo no que se realizan tarefas de forma regular ou continuada, dirixido tanto á poboación infantil como ás unidades familiares de referencia e no que se favorece o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo do/da menor a través do xogo e dos xoguetes.
Poderase acceder a esta modalidade por motivacións relacionadas co lecer do menor e coa conciliación persoal da unidade familiar.
Tamén se valorarán as seguintes demandas:
Todo o ano (salvo fins de semana e festivos).
Reserva de praza chamando ao teléfono 981.184.356.
O servizo ofrece un conxunto organizado e integrado de actividades que contribúen á conciliación persoal, familiar e laboral das súas respectivas unidades familiares.
As tarefas que se realizarán cos e coas menores abarcan: xogo de libre acceso, préstamo interior de xogos e xoguetes, actividades de animación sociocultural, atención psicopedagóxica (non se realiza apoio escolar).
Nesta modalidade do servizo son asesoradas as persoas responsables dos e das menores sobre o uso educativo dos xogos e xoguetes.
Todas as tarefas desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade ben con carácter específico ou ben de modo transversal.
Duración: realízase con carácter anual (salvo domingos e festivos) en horario de tarde durante o curso escolar de luns a venres e os sábados en horario de mañá.
No período vacacional de verán, o horario desta modalidade poderá adaptar o seu horario para favorecer a conciliación das unidades familiares, o que poderá supoñer a realización dos axustes horarios pertinentes.
Entidades
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
25 de maio de 2022
Contempla accións dirixidas ao ámbito das persoas maiores de 60 anos, de carácter preventivo, de promoción e participación social. Estas accións desenvólvense nos centros cívicos municipais a partir do mes de xuño e ata o mes de novembro
9 de maio de 2022
O acordo posibilitará a posta en marcha de servizos de tradución e apoio en xestións administrativas, sumándose aos traballos que xa se desenvolven na Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno
3 de maio de 2022
O novo centro xuvenil ofrece un amplo catálogo de actividades, orientadas á mocidade de entre 12 e 30 anos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible