Concello da Coruña

Concello da Coruña

Orientación sociolaboral e mellora da empregabilidade para mulleres residentes en pisos de transición

Esta prestación contribúe a mellorar a situación de empregabilidade das mulleres residentes, o que incidirá en aspectos como os seguintes: a autonomía persoal e económica, a incorporación e o mantemento do posto de traballo, a mellora das súas habilidades e competencias pre-laborais e laborais.

A quen vai dirixido?:

Mulleres residentes no piso de inclusión e transición á vida autónoma.

Requisitos:

Residir no piso de inclusión e transición á vida autónoma e estar realizando adecuadamente o proxecto personalizado de intervención integral (PPISI).

Prazo de presentación:

En calquera época do ano.

Remuneración / Custo:

A dotación desta prestación supón contar cun equipo interprofesional que conforma a Rede Municipal de Acollida, habendo unha profesional de referencia específica para esta prestación e unha estreita colaboración co persoal municipal especializado en materia laboral, especificamente o propio do Departamento de servizos sociais/servizos de igualdade.

A duración da prestación está condicionada ao proxecto personalizado de intervención integral (PPISI).

Os servizos ou tarefas que comprende esta prestación son os seguintes:

  • adquisición de habilidades e competencias pre-laborais a través da realización de diversas metodoloxías, dinámicas e técnicas, como:
    • dinámicas individuais e grupais como forma de ensaio de condutas que lles permita afrontar unha entrevista de traballo ou a procura activa de emprego.
    • realización de técnicas de role-playing e de feed-back interpersoal para afrontar situacións que lles resulten problemáticas neste ámbito e nas que poidan ir poñendo a proba as habilidades.
  • adquiridas e laboralmente competentes.
  • apoio no desenvolvemento de habilidades sociais, para a permanencia e o aproveitamento dos recursos de emprego.
  • seguimento do uso adecuado de ferramentas de procura de emprego.
  • seguimento da procura activa de emprego.
  • seguimento das entrevistas de traballo realizadas.
  • apoio para coñecer o tecido empresarial da zona.

Outras actuacións relacionadas con esta prestación son:

  • a estreita colaboración con outros/as técnicos/as municipais para a derivación e accesibilidade aos diferentes proxectos/medidas de emprego municipais, impulsando que se prioricen as mulleres residentes nos PITVA nas medidas municipais, especialmente cando estean promovidas dende o departamento de servizos sociais/servizos de igualdade.
  • a colaboración e coordinación con outros dispositivos públicos de emprego e entidades sociais locais, para realizar intervencións integrais e eficaces coas mulleres residentes nos PITVA.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión