Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Orientación sociolaboral e mellora da empregabilidade para mulleres

Contribúe a mellorar a situación de empregabilidade das mulleres, incidindo en aspectos como a autonomía persoal e económica, a incorporación e o mantemento do posto de traballo e fundamentalmente na mellora das súas habilidades e competencias prelaborais e laborais.

Dinamiza unha parte importante da poboación feminina non cualificada e/ou non actualizada na súa formación laboral debido aos continuos cambios no mercado laboral.

A quen vai dirixido?:

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero (poboación preferente).
  • Mulleres en situación de vulnerabilidade social por razón de xénero e con especiais dificultades para a participación sociolaboral (poboación preferente).
  • Mulleres en xeral en idade laboral.

Organiza:

Os cursos formativos específicos son impartidos con carácter xeral por diferentes entidades ou empresas especializadas en materias laborais concretas.

Requisitos:

Con carácter xeral, pertencer a unha das tipoloxías de persoas beneficiarias, estar en situación de desemprego ou en situación de emprego precario.

Con carácter específico, valoraranse os seguintes factores:

  • formación para o emprego deficiente (baixa cualificación profesional específica) ou non axustada ao mercado laboral.
  • escasa ou nula experiencia laboral que é oportuno compensar con prácticas profesionais en empresas.
  • mulleres que realizan traballos precarios ou en situación de "economía somerxida".
  • mulleres que aínda estando empregadas, precisen formación complementaria para o mantemento do seu posto de traballo.

Remuneración / Custo:

As actuacións que comprende esta prestación son:

  • Orientación.
  • Formación pre-laboral.
  • Formación laboral específica de curta duración.
  • Formación laboral complementaria e transversal.
  • Outra modalidade de formación que contribúa a mellorar a empregabilidade das mulleres (competencias clave, educación secundaria de adultas).

Máis información:

A duración da prestación está condicionada ao itinerario individualizado de cada usuaria ou á duración específica dos cursos de formación ofertados.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión