Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xestión de recursos e prestacións sociais en materia de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero

Segundo cada caso e necesidade a xestión poderá ser de servizos de carácter residencial, acollementos familiares, de respiro familiar, entre outros propios do sistema de servizos sociais.

Noutros casos xestiónanse recursos socioeconómicos vinculados a un proxecto de intervención social que implica e responsabiliza a persoa e a súa unidade de convivencia.

Tamén se poderá dar apoio para a tramitación e xestión de prestacións doutros sistemas de protección social como vivenda, saúde, educación, etc.

A quen vai dirixido?:

A poboación en xeral.

Requisitos:

- Estar empadroado no termo municipal do Concello da Coruña e/ou residir nen.

- Para tramitar as prestacións e os recursos sociais é imprescindible unha valoración social da traballadora social da unidade de atención social da súa zona. A valoración pódese completar cunha ou máis visitas domiciliarias da traballadora social.

- Acudir ás entrevistas programadas para cada persoa/familia.

- Presentar unha solicitude en calquera rexistro municipal coa documentación necesaria para cada axuda concreta*.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Máis información:

- *A solicitude é aconsellable que a presente unha vez que acudise á primeira entrevista coa traballadora social que o/a orientará sobre a documentación específica que debe acompañar a solicitude e sobre a documentación que a propia traballadora social ten que elaborar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión