Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
23 resultados
Consultas sobre salud sexual y reproductiva que incluyen: anticoncepción; anticoncepción de urgencia; problemática sexual y de pareja; información sobre la interrupción voluntaria del embarazo, derivación y revisión ginecológica posterior.
Conxunto de actuacións e prestacións sociais destinadas a satisfacer necesidades pecuniarias básicas e facilitar a inserción social e laboral de persoas e unidades familiares que se encontren en situacións ou risco de exclusión social.
Conxunto de actividades clínico-asistenciais dirixidas á poboación infanto-xuvenil, que presenta transtornos psíquicos, e ao seu grupo familiar.
Actividades e talleres de temporalidade puntual ou periódica, de lecer e tempo libre, de promoción e participación social, dirixidas a todos os sectores da poboación.
Este programa proporciona ás mulleres unha atención integral en diferentes ámbitos: xurídico, psicolóxico, social, laboral e, naqueles casos nos que as mulleres sexan vítimas de violencia de xénero, proporciona actuacións específicas en materia de protección.
Con respecto aos e as menores vítimas de violencia de xénero, ofrece a posibilidade de apoiar a súa recuperación emocional previndo a asunción de modelos de relación violentos e fomentando a autonomía familiar e o desenvolvemento integral dos seus membros.
O programa ten por obxecto atender e previr as situacións que poidan provocar risco social nos e nas menores e as súas familias, desenvolvendo accións que melloren a súa situación.
Accións e prestacións para a promoción das persoas con discapacidade, orientadas á súa atención integral.
Sen resultados.
21 de xaneiro de 2021
As clases, que se impartirán desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio, “son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial”, sinalou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira
14 de xaneiro de 2021
Inés Rey: “ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas”. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que este ano se asinará un convenio para que o concello conte cunha persoa intérprete de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos hospitais e nas administracións e que se impartan clases de LSE nos colexios.
13 de xaneiro de 2021
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, apuntou á “importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves” e destacou “o compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adiccións entre a mocidade”
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible