Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de atención integral para mulleres vítimas de violencia de xénero

Obxecto:

Finalidade: fomentar a recuperación persoal e a reincorporación sociolaboral das mulleres nas mellores condicións persoais, laborais e sociais posibles e, se é o caso, fomentar a recuperación emocional dos e das menores, o restablecemento dos seus vínculos afectivos, das súas relacións familiares e a participación e adaptación social/escolar.

Obxectivos:

  • Facilitar un lugar de residencia de carácter temporal.
  • Ofrecer un tempo e un espazo que lles permita (co apoio técnico preciso) reflexionar sobre a súa situación persoal e planificar o seu futuro.
  • Establecer canles de comunicación e relación normalizados con outras persoas e contornas, como alternativa á contorna sociofamiliar que provocou a crise.
  • Asesorar e acompañar as mulleres, para que encontren os medios necesarios que posibiliten a súa independencia e autonomía de cara á súa plena recuperación persoal e a súa inserción sociolaboral.

A quen vai dirixido?:

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Fillas e fillos das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Recursos materiais:

Equipamento residencial: Casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Recursos humanos:

  • Directora
  • Traballadora social
  • Auxiliares de fogar
  • Asesora xurídica
  • Psicóloga
  • Auxiliar de atención cidadá

Máis información:

Xunto coas medidas asociadas ao aloxamento de carácter confidencial e á manutención, ofrece medidas de protección e garante unha atención integral que abarca aspectos psicolóxicos, xurídicos e socioeducativos encamiñados á normalización da súa situación e á superación dos efectos da violencia ou especial vulnerabilidade por razón de xénero.

Este programa ofrécelles ás mulleres (se é o caso aos seus fillos e fillas) vítimas de violencia de xénero ou en situación de especial vulnerabilidade por razón de sexo unha intervención integral a través dun recurso de carácter residencial e temporal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión