Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de fomento da colaboración e solidariedade social

Obxecto:

Atender as demandas e asesorar a profesionais, asociacións e entidades que traballan no ámbito da cooperación e/ou realizan actividades, proxectos e programas de promoción e reinserción social mediante convenio e/ou subvención co concello, ofrecer información dos recursos existentes e xestionar e tramitar os convenios e subvencións coas entidades para o desenvolvemento dos diferentes proxectos.

Este programa pretende contribuír desde o Concello da Coruña, mediante o apoio a asociacións, entidades e organizacións non gobernamentais (ONG), ao desenvolvemento de iniciativas solidarias e de cooperación na propia cidade (con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos e con maiores necesidades sociais e ás persoas con discapacidade), e nos países en vías de desenvolvemento, tanto a través de subvencións nominativas como de concorrencia competitiva, dando un enfoque global e integral á área de servizos sociais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión