Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de transición á vida autónoma das mulleres - pisos de inclusión

Obxecto:

Finalidade:

Favorecer a transición á vida autónoma das mulleres que precisen unha intervención a medio prazo e conten con capacidade, posibilidades de inserción e normalización, demostrando unha actitude positiva e unha conduta proactiva para o logro da devandita normalización. Se é o caso, fomentar a recuperación emocional dos e as menores, o restablecemento dos seus vínculos afectivos, as súas relacións familiares e a participación e adaptación social e escolar.

Obxectivos:

Proporcionar un espazo doméstico e familiar que facilite a transición a unha vida autónoma de maneira progresiva, achegándolles os apoios profesionais necesarios para alcanzar a normalidade, dende unha perspectiva de xénero.

Abordar aspectos socioeducativos da convivencia, se é o caso, cos seus fillos e fillas a cargo ou persoas delas dependentes e con outras persoas coas que convivan no piso.

Colaborar na reelaboración das relacións sociais das mulleres, proporcionándolles información, apoio e seguimento profesional.

Promover e facilitar o acceso a recursos sociais e laborais que contribúan á súa normalización e independencia.

Este programa ofrécelles ás mulleres (se é o caso aos seus fillos e fillas) vítimas de violencia de xénero ou en situación de especial vulnerabilidade por razón de sexo unha intervención integral a través dun recurso especializado de carácter residencial e temporal.

Mediante unha actuación programada e a través dun proxecto personalizado de intervención social integral (PPISI), posibilítanse oportunidades de axuste persoal e incorporación sociolaboral ás mulleres e de desenvolvemento integral aos seus fillos e fillas, as cales están encamiñadas á normalización da súa situación e, se é o caso, á superación dos efectos da violencia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión