Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de valoración, orientación e información en materia social - SIVO

Obxecto:

  • Facilitar información e garantir o dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais a todas as persoas.
  • Estudar, valorar e avaliar as situacións de necesidade dando acceso e xestionando os recursos propios do sistema de servizos sociais, así como dirixir e orientar, se é o caso, as demandas a outros recursos específicos ou especializados.

A quen vai dirixido?:

Persoas e familias residentes no termo municipal da Coruña

Recursos materiais:

Cinco equipos municipais de atención social (EAS):

San Diego, Labañou, Monte Alto, Os Mallos e Elviña

Disposición dos requisitos materiais establecidos no art. 7.1 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo:

  • Espazos separados que permiten a privacidade nas entrevistas e reunións necesarias para a intervención social individualizada
  • Espazos de reunións grupais
  • Atención adaptada para persoas con mobilidade reducida
  • Conexión telefónica e á rede internet
  • Medios e dispositivos para o arquivo e custodia dos expedientes de acordo cos requisitos de confidencialidade da normativa de aplicación sobre protección de datos de carácter persoal

Recursos humanos:

  • Traballadoras sociais en cada equipo de atención social (EAS)
  • Persoal de atención á cidadanía en cada equipo de atención social (EAS)
  • Directora e coordinadora do programa

Requisitos:

Empadroamento e/ou residencia no termo municipal da Coruña

Máis información:

- Referencia normativa:

Funcións: arts. 8.d), 8.g) e 8.i) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo

Programa/servizo: art. 9.1.a) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo

Natureza e contido: arts. 11 e 12 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo

- Referencia Catálogo de Servizos Sociais:

Prestación de Servizos 1.1. Información, orientación, asesoramento, diagnóstico e valoración

Conxunto de atencións de carácter informativo e de intervención social, dirixidas á poboación en xeral e a sectores con necesidades especificas, sobre prestacións e servizos do Sistema Público de Servizos Sociais e doutros sistemas de protección social: seguridade social, vivenda, educación, saúde, emprego, administración civil e de xustiza etc.

Información do seu interese

  • Este programa/servizo ofrece a primeira atención aos cidadáns e ás cidadás a través da axuda profesional que prestan as traballadoras sociais.
  • A atención iníciase cunha consulta ou unha demanda de cada persoa no Equipo Municipal de Atención Social (EAS) máis próximo ao seu domicilio. A dita atención é individual ou familiar e ten como finalidade escoitar e analizar a súa demanda, as súas necesidades sociais e mobilizar os recursos dispoñibles máis adecuados a cada situación ou problemática social.
  • Toda a información é persoal e /ou familiar e garántese a privacidade, o respecto á intimidade e á capacidade de decisión de cada persoa.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión