Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas económicas para comedores escolares (Bolsa comedor)

En que consiste?:

Axuda económica para o pago dos comedores escolares.

A contía da bolsa de comedor cubrirá a totalidade do custo do servizo do comedor en centros públicos de educación infantil e primaria (CEIP), institutos de ensino secundario (IES) ou centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos (CEE).

No caso dos centros privados e/ou concertados, a contía da axuda de comedor será de 80 € como máximo. Será por conta das familias beneficiarias facer fronte á diferenza que exista entre a axuda concedida e o prezo do servizo.

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino do termo municipal da Coruña sostidos con fondos públicos que conten con servizo de comedor e que cumpran os requisitos esixidos na convocatoria.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Existe unha convocatoria anual que se publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

As solicitudes deberán presentarse no impreso municipal específico para esta convocatoria, asinado pola persoa solicitante (pai/nai/titor/a) no que se especificará o nome do/a menor ou menores e o centro escolar para o que se solicita a bolsa de comedor, xunto coa documentación preceptiva indicada.

Os ditos impresos serán facilitados en:

Rexistros municipais:

- Praza de María Pita, 1

- Fórum Metropolitano (r/ Río de Monelos, 1)

- Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17)

- CCM Mesoiro (r/ Ancares, 15)

Nas Unidades de Atención Social (Ágora, Catro Camiños, Monte Alto)

Nos centros cívicos municipais.

Como se fai?:

Preséntase a solicitude xunto coa documentación correspondente en calquera dos rexistros xerais do concello.

Internet

Que se necesita?:

A través da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es)

Teléfono

Documentos relacionados

  • Solicitude bolsa comedor (116 KB)

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión