37 resultados
Dende o 08/04/2024 ata o 22/04/2024
Ata o 08/04/2024
11:00h.
A aula UNED Ferrol organiza este curso que explica os fundamentos do Dereito Autonómico Galego, centrándose na análise do Estatuto de Autonomía de Galicia, o seu contido e estrutura, o Parlamento, a Xunta e o seu Presidente, a Administración de Xustiza en Galicia, as competencias de Galicia e a Administración Pública Galega, así como na descrición das principais leis autonómicas. Asistencia en liña en directo ou en diferido.
Adams impartirá ao longo do mes de abril cursos de diversos ámbitos formativos.
Dende o 30/04/2024 ata o 23/06/2024
Matrícula seguimento en DIRECTO: pecharase ás 19:00h do día lectivo anterior á celebración da primeira sesión do curso.
Matrícula seguimento DIFERIDO: pecharase ao finalizar a última sesión do curso.
A UNED A Coruña organiza un curso dirixido a revisar conceptos básicos de matemáticas vinculados á área de álxebra. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Dende o 15/04/2024 ata o 22/04/2024
Dende o 01/04/2024 ata o 08/04/2024
O prazo de inscrición será do 1 a 8 de abril, ás 14.00 h., para o alumnado matriculado en centros da Coruña e do 3 ao 8 de abril, ás 14.00 h., para os de fóra da cidade, persoas non matriculadas e adultos.
As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Dende o 03/04/2024 ata o 21/04/2024
A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.
Dende o 06/04/2024 ata o 20/04/2024, os sábados
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveza organiza o vindeiro mes de abril un curso de iniciación á astronomía, impartido pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
20/04/2024
AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) oferta unha formación gratuíta na EGAP, en Santigao de Compostela, dirixida a docentes e con propostas didácticas para traballar contra o discurso do odio nas aulas.
17/04/2024
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza un obradoiro no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) sobre Claves educativas para o coidado da terra. O taller será impartido por Concha López Llamas.
Con Power BI, poderás realizar análise de datos exhaustivos de forma dinámica, intuitiva e atractiva a través de cadros de mando. A formación é en liña.
Python é unha linguaxe de alto nivel de programación, amplamente utilizado nas aplicacións web, o desenvolvemento de software, a ciencia de datos, o machine learning (ML) e a intelixencia artificial. A formación é en liña.
resultados 37
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible