Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Un tipo de aloxamento económico son os albergues xuvenís. Ademais, moitos deles ofrecen actividades alternativas, como rutas de sendeirismo, cicloturismo, deportes naúticos...

Hostelling International é o nome da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF) que engloba as distintas asociacións nacionais de albergues xuvenís, no caso de España a REAX. Podes utilizar estes albergues se tes o carné de alberguista.

Albergues asociados a Hostelling International

Ademais dos anteriores hai outros tipo de Albergues non integrados na Rede Internacional de Albergues Xuvenís, polo que non é necesario carné de alberguista. Páxinas como www.hostelworld.com ofrecen reservas en albergues independentes.

- O aloxamento en cámping é unha opción moi apetecible nos meses de verán, especialmente se che gusta o contacto coa natureza. Ademais, é unha forma de aloxamento realmente económica. Podes atopar moita información sobre cámpings en: www.eurocampings.nethttps://fedcamping.com/ 

- Nalgunhas cidades, tanto de España como do estranxeiro, é posible conseguir aloxamento en residencias universitarias, que acollen viaxeiros durante os meses de verán. Teno moi en conta porque adoitan ser bastante baratas e os servizos que ofrecen moi aceptables.

A empresa RESA (Residencias de Estudantes S.A.) xestiona un bo número de residencias por toda España e ofrece estadías de corta duración durante todo o ano, para a comunidade universitaria, persoal administrativo, grupos culturais e deportivos, así como titulares do carné internacional de estudante, carné REAJ e similares. 

- Unha modalidade de aloxamento moi habitual nalgúns países europeos como o Reino Unido, Irlanda, Alemaña ou Italia, é a "bed and breakfast" (literalmente, cama e almorzo), que consiste en aloxarse en casas particulares habilitadas para acoller viaxeiros e que normalmente ofrecen prezos máis económicos cós hoteis.

- Outras posibilidades menos convencionais:

https://www.couchsurfing.org O CouchSurfing é un sistema de intercambio de aloxamentos ("sofás") en casas de xente contactada a través da página web oficial. Pero este "intercambio de sofás", é ademais un intercambio cultural entre dúas ou máis persoas, os que aloxan e os que "surfean".

https://homeexchange.com/es  para os que dispoñades dunha vivenda propia, e queirades cambiala por outra durante as vacacións noutra cidade ou país.

https://www.airbnb.es Airbnb é un mercado comunitario no que xente descobre e reserva aloxamentos en todo o mundo.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión