Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de subvencións a asociacións e colectivos no ámbito da Igualdade e Diversidade 2016

Ano:

2016

Tipo:

En concurrencia

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Inscricións:

Dende o 30/07/2016 ata o 29/08/2016

Fecha de publicación:

29 de xullo de 2016

Prazo de presentación:

Prazo de solicitude: 1 mes desde a súa aprobación no BOP

Obxecto:

É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar economicamente as asociacións na promoción da igualdade de xénero e inclusión social atendendo ás diversidades existentes e a prevención das violencias machistas, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.

Para o mellor desenvolvemento do seu labor, establécense tres tipos de liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:

Liña 1: Fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo no ámbito dos dereitos das mulleres e a non discriminación por cuestión de diversidade no municipio da Coruña

Liña 2: Actividades facilitadoras da inclusión da igualdade na diversidade

Programas:

2.1.-Fomento da cidadanía inclusiva. 2.2.-Promoción activa e defensa dos dereitos LGTBQI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queers, intersexuais).

Liña 3: Actividades para a prevención das violencias machistas no municipio da Coruña.

Programas:

3.1.-Fomento de actitudes favorables á igualdade de xénero e a erradicación de comportamentos violentos cara ás mulleres.

3.2.-Fomento de actitudes favorables aos dereitos das persoas LGTBQI e a repulsa de comportamentos baseados no odio ao non-heteronormativo.

Poderanse solicitar subvencións para unha ou varias liñas e/ou programas subvencionables nunha única solicitude, sempre que indique a entidade interesada cada actividade de forma independente e por orde de preferencia. No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar memoria e orzamento de ingresos e gastos para cada unha delas.

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarias para os efectos da presente convocatoria, as asociacións de mulleres, feministas, de persoas LGTBQI, de persoas migrantes, de persoas con diversidade de capacidades e/ou funcionalidades, así como entidades ou colectivos sen ánimo de lucro que teñan entre os seus fins ou actuacións a promoción da igualdade de mulleres e homes, os dereitos humanos e/ou a erradicación da violencia baseada no machismo.

As ditas asociacións deberán estar legalmente constituídas como entidades sen ánimo de lucro e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC).

Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións e entidades que sexan beneficiarias, no ano 2016, de convenio nominativo asinado coa mesma ou outra área do Concello da Coruña.

Remuneración / Dotación:

Contía total: 100.000,00 euros.

O orzamento máximo susceptible de ser subvencionado pode alcanzar ata o 100%.

O importe global distribuirase, sempre que as solicitudes presentadas o permitan cos seguintes límites máximos:

1) Programas de fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo: ata o 40%.

2) Programas de fomento da inclusión da igualdade na diversidade: ata o 30%.

3) Programas de prevención das violencias machistas: ata o 30%.

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obriga a favor do beneficiario e o pago da axuda realizarase tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos nesta convocatoria. Con todo, logo da previa solicitude da persoa interesada poderase acordar o pago anticipado da subvención outorgada. Neste caso deberase constituír unha garantía do 10% do importe total da subvención, que se poderá realizar mediante a retención do pago polo concello da devandita porcentaxe.

Máis información:

Resolución provisional publicada o 27/10/2016

Ver anuncio convocatoria basees no BOP

Bases reguladoras:

Ordenanza xeral de subvencións da Área de Benestar

Resolución:

Informe-Proposta-Resolucion-provisional.pdf (2 MB)

Bases da convocatoria:

Bases-convocatoria-subvenciones2016_Igualdad_cas.pdf (960 KB)

Documentos:

Bases convocatoria de subvencións de 2016 Igualdade e Diversidade (Gal) (397 KB)

Anexos subvención 2016 (1 MB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión