Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio co Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña para financiar unha investigación sobre as desigualdades e diversidades que desembocan en colectivos sociais marcados polas caracterísiticas especiais de vulnerabilidade e precariedade con especial atención á incidencia da violencia contra as mulleres

Ano:

2016

Tipo:

Subvenciones nominativas

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Fecha de publicación:

12 de setembro de 2016

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade UNIVERSIDADE DA CORUÑA deberá presentar a documentación xustificativa no rexistro xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e UNIVERSIDADE DA CORUÑA, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Investigación sobre as desigualdades e diversidades que desembocan en colectivos sociais marcados polas características especiais de vulnerabilidade e precariedade, con especial atención á incidencia da violencia contra as mulleres", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

Remuneración / Custo:

50.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LXS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberase constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Documentos:

Texto convenio UDC CEXEF en castelán (94 KB)

Texto convenio UDC CEXEF en galego (91 KB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión