Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo para financiar un servizo de atención e apoio a familias de persoas xordas

Ano:

2016

Tipo:

Subvenciones nominativas

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Fecha de publicación:

17 de outubro de 2016

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade ASOCIACIÓN CORUÑESA DE PROMOCIÓN DO XORDO deberá presentar a documentación xustificativa da subvención no rexistro xeral

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e ASOCIACIÓN CORUÑESA DE PROMOCIÓN DO XORDO, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Servizo de atención e apoio a familias de persoas xordas", que se desenvolverá durante o exercicio 2016

Remuneración / Dotación:

16.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor da beneficiaria e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LXS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberá constituírse unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

ASOCIACIÓN CORUÑESA DE PROMOCIÓN DO XORDO

Documentos:

Texto convenio ACOPROS en castelán (94 KB)

Texto convenio ACOPROS en galego (92 KB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión