Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Fundación Entreculturas Fe y Alegría para realización dun proxecto de alfabetizacion e apoio á inclusión social no ámbito da cooperación ao desenvolvemento exercicio 2016

Ano:

2016

Tipo:

Subvenciones nominativas

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Fecha de publicación:

12 de decembro de 2016

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade FUNDACIÓN ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA deberá presentar a documentación xustificativa no rexistro xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a FUNDACIÓN ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Realización dun proxecto de alfabetización e apoio á inclusión social no ámbito da cooperación ao desenvolvemento", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

Remuneración / Dotación:

6.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberase constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

FUNDACIÓN ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA

Documentos:

Texto convenio ENTRECULTURAS FE Y ALEGRIA en castelán (148 KB)

Texto convenio ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA en galego (118 KB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión