Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Fundación Hermanos Tenreiro para contribuír aos gastos de funcionamento e mantemento da entidade

Ano:

2017

Tipo:

Subvenciones nominativas

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Inscricións:

Dende o 12/05/2017 ata o 02/10/2017

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade Fundación Hermanos Tenreiro deberá presentar a seguinte documentación xustificativa do convenio no Rexistro Xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a Fundación Hermanos Tenreiro, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Contribuír aos gastos de funcionamento e mantemento da entidade", que se desenvolverá durante o exercicio 2017.

Remuneración / Dotación:

30.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor da beneficiaria e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LGS.

Tamén poderán realizarse pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberá constituírse unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

Fundación Hermanos Tenreiro

Documentos:

Convenio Hermanos Tenreiro en castelán (76 KB)

Convenio Hermanos Tenreiro en galego (73 KB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión