Concello da Coruña

Concello da Coruña

4.1: Mellora urbana da zona de Mariñeiros

Esta actuación incluíu a remodelación do espazo público, a mellora das infraestruturas urbanas e do espazo peonil, adecuación de accesos e axardinamento das rúas interiores.

A mellor integración do grupo de vivendas desta zona co espazo público do futuro equipamento “Ágora” esixiu tamén abordar a contorna destes rueiros e facilitar a transición cara á zona axardinada desta nova dotación. Tamén se acometeu a adecuación como praza do espazo público que se crea no alto do aparcadoiro en construción próximo aos bloques de Mariñeiros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión