Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Xardíns de Méndez Núñez

Superficie: 3,4 hectáreas.

Xardíns situados no centro da cidade, na zona da Pescadería. Son uns dos xardíns máis antigos da cidade, datan de mediados do século XIX (1868). Neles atópanse diversos monumentos e emblemáticos edificios modernistas como A Terraza (1922) ou o Quiosco Alfonso (1912). Nos xardíns realízanse ao longo do ano diversas actividades: feiras do libro, de artesanía, de gastronomía; actuacións musicais e de danza, exposicións de pintura, etc. Presenta 3 áreas diferenciadas: unha zona arborizada con diversas especies (xéneros Ilex, Araucaria, Magnolia, Fagus, Taxus, Abies, etc.), unha rosaleda cunha gran diversidade de variedades e a zona do Paseo das Palmeiras ou O Recheo.

Especies máis destacadas:

  • Ulmus glabra Huds.
  • Ligustrum lucidum Ait.
  • Populus x canadensis Moench
  • Acer negundo L.

Datos de interese:

  • Os jardínes creáronse no século XIX no recheo gando ao mar. Foron inaugurados no ano 1868 e eran coñecidos como Xardíns do Ensanche. En 1871 decidiuse darlles o nome do mariño galego Casto Méndez Núñez e posteriormente levantáronse os edificios que rodean o espazo arborizado.
  • Parque situado no centro da Coruña, onde están situados o Quiosco Alfonso e a sede de Radio Nacional de España (RNE) e Televisión española (TVE).

MONUMENTOS SITUADOS NOS XARDÍNS:

Monumento a Curros Enríquez:

  • Autor: Francisco AsoRey . O monumento foi esculpido entre 1.928 e 1.934.
  • Localización: fronte ao Hotel Atlántico.
  • Características: conxunto arquitectónico realizado en pedra de granito. O monumento foi concibido como a quilla dun barco en cuxa parte máis avanzada aparece a figura de Curros Enríquez, encostada á parte principal da obra por detrás. A figura do escritor do escritor preséntasenos de pé, coas mans cruzadas á altura das bonecas e apoiadas sobre uns manuscritos e un arpa. Aos laterais, aparecen tallados no alto relevo, figuras femininas e masculinas portando as roupaxes e utensilios típicos do campo e do mar. Aos traballadores, acompaña unha vaca ou touro, mentres que ás mulleres faio a figura dun neno e dun cabalo.
Monumento a Daniel Carballo:
  • Autor: Agustín Querol realizou o monumento e Pedro Mariño construíu o pedestal.
  • Localización: fronte ao edificio da Terraza.
  • Características: escultura de Daniel Carballo realizada en bronce con base de granito. A columna é de fuste liso e decorada no capitel e a base con flores, veneras e ovas. Debaixo dos frontóns pódese ve unha placa de bronce cunha inscrición que di: A Daniel Carballo. A Coruña.
Monumento ao Libro e os seus creadores:
  • Autor: Manuel García, "Buciños".
  • Localización: fronte ao edificio da Terraza.
  • Características: representa a unha familia (home, muller e neno) gozando coa lectura. As tres figuras son de bronce e forman unha mesma peza que se apoia sobre un pedestal de granito. A firma do autor aparece gravada no libro que suxeita o home: Buciños, Xunio 1.976.
Monumento a Suárez Ferrín:
  • Autor: Ramón Conde.
  • Localización: fronte ao edificio da Terraza.
  • Características: escultura de busto redondo representando a cabeza de Suárez Ferrín en resina de poliéster e fibra de vidro pigmentadas imitando bronce sobre peana de granito traballada sen pulimentar. No lateral esquerdo aparece a inscrición: A Coruña ao seu alcalde 1.934 e 1.936.
Monumento a Val Inclán:
  • Autor: Ramón Conde.
  • Localización: fronte ao edificio da Terraza.
  • Características: busto de Ramón María do Val Inclán realizado en resina de poliéster pigmentada e fibra de vidro imitando bronce. A firma do autor atópase na parte inferior esquerda. A peza de poliéster descansa sobre unha peana de granito traballada sen pulimentar. Na parte dianteira hai unha inscrición: Val Inclán (1.866-1.936) A Coruña 6-1-1986.
Monumento a Wenceslao Fernández Flórez:
  • Autor: José Castiñeiras Igrexas.
  • Localización: fronte ao edificio da Terraza.
  • Características: monólito granítico traballado sen pulimentar cunha inscrición no seu parte superior: A Coruña a Wenceslao Fernández Flórez xornalista e escritor no centenario do seu nacemento 1.885-1.985. Na parte inferior dereita do monólito aparece a firma de Castiñeiras.
Monumento a Dna. Emilia Pardo Bazán:
  • Autor: Lorenzo Coullaut Varela.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do Paseo de coches.
  • Características: escultura en vulto redondo realizada en arenisca. Rodeandola escultura hai unha balaustrada do mesmo material e rematada en dosgrandes alicerces con grandes vasos. Sobre a pedra aparecen tres placas de bronce.
Monumento a Concepción Arenal:
  • Autor: Rafael González do Villar.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez, diante do estanque, fronte ao edificio do Banco Bilbao no Cantón Pequeno.
  • Características: figura exenta dun aguia coas ás abertas e con lasgarras sobre un libro aberto e unha serpe, realizado en ferro e pintado de negro. Está rodeado de seis pináculos realizados en granito. O monumento levantouse no ano 1.916.
Monumento a Daniel Rodríguez Castelao:
  • Autor: Manuel Ferreiro Badía.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez, fronte á caseta dos xardineiros. - Características: O monumento inaugurouse en 1.986. É unha escultura de vulto redondo tallada nunha soa peza de granito, representando a Castelao de medio corpo. Sobre as súas costas e na parte traseira aparecen tallados un hórreo e un Cristo crucificado.
Monumento a Manuel Murguía:
  • Autor:Fernando Cortés Bugía.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
  • Características: busto en bronce con pátina dourada sobre unha base de granito negro pulido, situado sobre unha peana a modo de pirámide de cúspide truncada, realizada en granito rosa pulido. Sobre unha das paredes aparecen as letras en bronce: Murguía 1.833-1.933.
Monumento a Juan Fernández Latorre:
  • Autor: José Escudeiro.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
  • Características: busto en bronce de tonalidade negra sobre unha pirámide de cúspide truncada en granito sen pulimentar. Sobre a fronte de granito aparecen as letras: A Coruña a D. Juan Fernández Latorre 6-Abril-1.958. No lateral esquerdo do busto aparece a firma de José Escudeiro e a data 1.958.
Monumento conmemorativo ao Ano Internacional do Neno:
  • Autor: Mon Vasco.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
  • Características: forma abstracta de cemento armado cunha figura central en bronce representando a un recentemente nado. Aos lados e baleirado sobre o cemento aparecen as figuras de catro nenos que van crecendo en altura do interior ao exterior da obra.
Monumento ao Doutor Hervada:
  • Autor: José Escudeiro.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez, preto do reloxo floral.
  • Características: busto en bronce en ton negro sobre peana de granito puído de ton gris. Baixo esta peana, outra de granito cor ocre rosáceo cunha base de granito gris. Sustenta todo o conxunto unha base de cemento.
Monumento a Themys e Baco:
  • Autor: Felipe de Moratilla.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez.
  • Características: busto de Baco con Themys realizado en bronce de cor negra, sobre unha peana tamén de bronce e colocada sobre unha base de cemento.
Monumento ao Pescador Napolitano:
  • Autor: Felipe de Moratilla.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez.
  • Características: figura de mozo espido recollendo cangrexos cunha rede, realizado en bronce de cor negra, cunha base de bronce e colocado sobre unha argamasa de cemento e pedra.
Monumento a Eduardo Pondal:
  • Autor: Fernando Cortés Bugía.
  • Localización: xardíns de Méndez Núñez preto do reloxo floral.
  • Características: busto de mármore sobre unha base tamén de mármore con inscrición tallada sobre unha peana de granito.
Monumento a Aureliano Linares Rivas:
  • Autor: Agustín Querol.
  • Localización: xardíns da Rosaleda, fronte á rúa Sánchez Bregua.
  • Características: monólito de granito con relevos que imitan a técnica de panos mollados utilizada na Grecia clásica de Filias. A escultura está realizada en bronce de cor negra.

CategoriasAsset

Subscrición Boletín Deportes

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Axenda

Sen resultados.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión