Concello da Coruña

Concello da Coruña

Final do “I TORNEO eSports CIDADE DA CORUÑA”

Previa á final xogarase outro partido entre xogadores da primeira plantilla do Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña que tamén poderá ser visto en directo

Cando:

2 de maio de 2020

Mañá domingo, día 3 de maio, xogase a final do I TORNEO CIDADE DA CORUÑA de eSports FIFA 20 entre Dieguiitoo08 e danielcol10. Será ás 21:20 horas, (aprox.), e retransmitida por streaming desde a páxina web do Concello da Coruña eSports Concello Da Coruña - FIFA20 e que disfrutaremos narrada por Xosé Luis Núñez xunto a Oscar Cruz, "caster" especializado en eSports.

Antes da final, ás 20:45 horas, e tamén retransmitido por streaming, e narrado por Pepe Torrente e Santi Peón da cadena Cope Galicia xunto a Oscar Cruz, xogarase o noso primeiro eDerby entre David Simón polo R.C. Deportivo da Coruña e Diego Pampín polo R.C. Celta de Vigo.

Tamén se disputará mañá o encontro que determinará o terceiro e o cuarto posto definitivo deste I TORNEO CIDADE DA CORUÑA de eSports FIFA 20. Será ás 19:30 horas, tamén emitido por streaming, entre os players DOPITRON vs JorgeGallego.

PREMIOS

  • O campión recibirá unha PlayStation 5, un xogo do FIFA 21 e a invitación para xogar un partido de FIFA 20 contra o gañador do partido de FIFA 20 disputado por futbolistas profesionais do R.C. Deportivo contra o R.C. Celta de Vigo, (dentro do Torneo eSports Cidade de A Coruña).
  • O segundo Clasificado recibirá unha PlayStation 5 e un xogo do FIFA 21.
  • O terceiro Clasificado: recibirá unha PlayStation 5.
  • O cuarto Clasificado recibirá un xogo do FIFA 21 e un vale por unha subscrición anual de PlayStation Network que se lle entregará xunto co xogo citado.

Ademais, entre o resto de participantes sortearanse os seguintes agasallos:

  • Dúas consolas PlayStation 5
  • 10 Unidades do xogo FIFA 21 
  • 10 Vales de subscrición anual de PlayStation Network. 

Neste I Torneo eSports Cidade da Coruña inscribíronse algo máis de 500 persoas das que, finalmente, 444 cumprían as bases da convocatoria. Foronse emparellando en distintas roldas eliminatorias aleatorias ata chegar ás semifinais e a final desta fin de semana.

Desde a Concellaría de Deportes do Concello da Coruña valoramos moi positivamente o elevado número de participantes e o discorrer das distintas xornadas, o que nos leva a considerar outras convocatorias semellantes nun futuro inmediato.

Queremos agradecer tamén a colaboración de Maritime Global Services, da Cadea Cope Galicia, e o traballo dos e das técnicas municipais na coordinación e desenvolvemento deste I Torneo eSports.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión