Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria aberta para a participación das ICCs no proxecto IBERICC GLOBAL

En colaboración con entidades españolas e portuguesas, o Concello da Coruña participa no proxecto “Estratexias de internacionalización das industrias culturais e creativas en territorios transfronteirizos de España e Portugal” (IBERICC GLOBAL), cofinanciado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal “POCTEP” da Comisión Europea.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/11/2019 ata o 01/12/2019

Xa rematou

Organiza:

Concello da Coruña en colaboración con entidades españolas e portuguesas.

Documentos:

Convocatoria Empresas IBERICC GLOBAL (682 KB)

IBERICC GLOBAL ten como obxectivo promover a competitividade das Industrias Culturais e Creativas (ICCs) a través da promoción da cooperación empresarial e da implementación de novos modelos, ferramentas dixitais e estratexias para o sector, en particular para a súa internacionalización e á promoción de coproducións hispano-lusas.

Con esta finalidade, Concello da Coruña procede a convocar un proceso selectivo aberto para que as empresas culturais e creativas da Coruña poidan participar nas actividades do proxecto.

Para concorrer ao proceso, as empresas interesadas deberán completar un breve cuestionario en liña dentro do prazo establecido. Posteriormente, un equipo técnico formado por persoas expertas de cada unha das entidades socias do proxecto seleccionará as empresas participantes, aplicando criterios de complementariedade que permitirán facilitar a cooperación empresarial, garantindo unha perspectiva transfronteiriza.

Para participar no proceso selectivo e aspirar a participar nas actividades do proxecto, as empresas interesadas deberán enviar o cuestionario en liña cuberto antes do 30 de novembro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión