Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de maio de 2015

A carreira AECC en marcha estrea percorrido

Tras o incremento de participación nos dous últimos anos, que non facían posible un circuíto a dúas voltas, proponse un novo percorrido no que se transita sempre por vías de grande amplitude e sen grandes pendentes. Cinco mil seiscentos metros para gozar e colaborar cunha boa causa.

O Paseo Marítimo será o gran protagonista da V Carreira a favor da Asociación Española contra o Cancro, cun circuíto que intenta adaptarse ao crecemento na participación evidenciado nas dúas últimas edicións.

Pódense inscribir a traves do seguinte enlace: V Carreira Contra o Cancro Coruña - "En marcha contra o cancro"

Ás 11.00 da mañá do domingo 31 de maio partirá a carreira absoluta, que percorrerá unha distancia aproximada de 5.600 metros. O lugar de saída será o habitual destes anos, á altura do Palacio dos Deportes de Riazor. Tomarase dirección cara á Torre de Hércules polos carrís pegados ao mar, ata efectuar o xiro de 180 graos antes da intersección con Modesta Goicouría e retornar dirección Riazor. Será o momento de rodear o Estadio, tomando para iso Avenida da Habana, Paseo de Ronda e Manuel Murguía. De novo transítase polo Paseo Marítimo cara a Modesta Goicouría pero esta vez polos carrís habituais da circulación. Repítese o xiro de 180 graos para dirixirse ao Millennium e iniciar a volta ata a meta situada no mesmo lugar que a saída.

Ás 11.50 h chegará a quenda dos participantes na marcha solidaria, que realizarán un percorrido de ida e volta polo Paseo Marítimo ata o Millennium, de aproximadamente 2 km.

A partir das 12.15 h comezarán as carreiras para os máis pequenos, que se situarán na recta en fronte ao Palacio dos Deportes e nun tramo lateral de Manuel Murguía.

Lembramos que se poñerá a disposición das persoas participantes un servizo de ludoteca, para que toda a familia poida participar. Así mesmo, os momentos de espera estarán amenizados polos monitores do Complexo Deportivo Municipal de San Diego, para que a xornada deportiva sexa completa.

Non hai escusa para perdelo!

A través destes enlaces pode descargar os planos dos diferentes percorridos.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión