Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Visita o álbum de fotos desta actividade
Bebeteca
Require inscrición
De outubro a maio. Semanal
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e ás nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos,... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Como participar
Onde e cando
Biblioteca | 0 a 12 meses | 6 a 24 meses | 13 a 24 meses | 0 a 24 meses | Prazas | Frecuencia |
Biblioteca Ágora | sábados 11.00 h | 12 | Mensual | |||
Biblioteca Fórum Metropolitano | sábados 18.00 h | sábados 18.00 h | 6 | Mensual | ||
Biblioteca Infantil de Durán Loriga* | ||||||
Biblioteca Os Rosales | sábados 11.30 h | 15 | Mensual |
*Sen sesións ata o curso 2020/2021
Moi importante
Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo ou coa túa filla algúns libros para levardes para a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.
Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais axeitados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en lle pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible