Clubs
Persoas adultas, Xuvenil
26/10/2016
Xa rematou
Dende o 13/10/2016 ata o 26/10/2016
18.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Se che apetece ler, facer amigos e charlar utilizando un bo libro como excusa, só tes que achegarte ao club QUEERuña, o primeiro club de lectura LGTBI de Galicia!
Despois da presentación deste club no mes de xullo, chega por fin a hora de apuntarse e dar comezo aos encontros, que terán lugar o último mércores de mes ás 18.30 horas.
Temos planificadas as lecturas ata finais de ano:
A que esperas? Non te vas unir?
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.
Coñece os nosos clubs de lectura
Clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña (ano 2022
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible