Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
+ 18 anos
26/10/2016
Xa rematou
De 19 a 20:00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981184389
Conferencia enmarcada no Programa Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino?
Cremos que toda relación humana está determinada por puntos de unión e vencello co outro, ao tempo que tamén se subliña a súa separación e a súa diferenza. A ontoloxía é a parte da filosofía que pensa que son os seres e por que os seres humanos se acaban por constituír a partir da súa relación entre si, a partir das comunidades. Pois toda relación asume unha certa comunidade á que apela. Unha comunidade comunicativa, de entendemento, baseada nunha obra conxunta, nunha serie de actos. Mais a comunidade non pode, en ningún caso, pecharse en si mesma. Non pode ser orixe de si mesma nin ter unha finalidade última. Polo contrario, sempre se ve ameazada pola súa posíbel disolución. Por iso, para a comunidade quizais o importante sexa compartir aquilo do que ninguén se pode apropiar. Asumir o compartido na procura dunha comunidade que sempre lle abra paso a outra nunca definitiva.
Abraham Rubín (Ourense, 1978) é Doutor en Filosofía pola UNED, docente e investigador independente. Publicou en galego os ensaios "Da revolta italiana á potencia da multitude" (Estaleiro Editora, 2010), "Entre posmodernidade e utopía" (Estaleiro Editora, 2011) e "Acontecemento e desexo" (Proxecto Derriba Eds., 2012), todos baixo o pseudónimo Sören Hauser e dedicados ao pensamento de Antonio Negri, Fredric Jameson e Gilles Deleuze, respectivamente.
En castelán publicou a obra "El transcurso del acontecimiento" (Lima, UNAS, 2014).
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible