Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Horarios das bibliotecas

Fotografía da porta dunha biblioteca co cartel do horario

A continuación presentámosche os horarios das salas xerais de todas as bibliotecas da Rede.

As salas infantís permanecerán abertas de luns a venres en horario de tarde (de 16.00 h a 20.30 h) e toda a xornada dos sábados naquelas bibliotecas que prestan servizos nestes días.

Reservamos unha xornada de tarde en cada biblioteca sen atención ao público para poder centrarnos na atención programada a colectivos ou grupos de persoas previamente organizados. Así, podemos continuar coa realización de actividades, no ámbito virtual ou presencial pero sempre garantindo todas as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias: capacidades, distancias de seguridade etc.

Todas as bibliotecas ventilarán as súas instalacións co obxectivo de garantir unha maior seguridade e hixiene.

Somos unhas bibliotecas dinámicas que nos adaptamos a ti.

Inverno

Estes son os horarios das salas xerais das bibliotecas. As salas infantís abren a partir das 16.00 h, con excepción dos sábados (que abren no mesmo horario que a sala xeral) e da tarde semanal que cada biblioteca reserva para realizar actividades.

  • Biblioteca Ágora e Biblioteca Fórum
    • Luns a venres de 9.00 h a 20.30 h, excepto os mércores, que prestan servizo ata as 16.00 h.
    • Sábados de 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h
  • Biblioteca Castrillón
    • Luns a venres de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.30 h, excepto os xoves, que presta servizo ata as 16.00 h
  • Biblioteca Estudos Locais (con cita previa)
    • podes solicitar cita para ser atendida/o de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h e os mércores tamén de 16.00 h a 20.30 h
  • Biblioteca Infantil e Xuvenil - Durán Loriga
    • Luns a venres de 16.00 h a 20.30 h, excepto os mércores, que presta servizo de 9.00 h a 16.00 h
    • Sábados de 10.00 h a 14.00 h
  • Biblioteca Monte Alto
    • Luns a venres de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.30 h, excepto os martes, que presta servizo ata as 16.00 h
  • Biblioteca Sagrada Familia
    • Luns a venres de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.30 h, excepto os xoves, que presta servizo ata as 16.00 h
    • Sábados de 10.00 h a 14.00 h
  • Biblioteca Os Rosales
    • Luns a venres de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.30 h, excepto os martes, que presta servizo ata as 13.00 h
    • Sábados de 10.00 h a 14.00 h
  • Punto de Servizo de Mesoiro
    • Luns a venres de 17.30 h a 20.30 h

Nadal

Pechamos os días 24 e 31

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión