Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • IV Festival Internacional de Artistas en Madrid WE:NOW

    Inscricións:

    Ata o 28/02/2024

    O Festival Internacional de Artistas en Madrid, WE:NOW, presenta as bases da súa convocatoria anual para obras cinematográficas, visuais, musicais ou escénicas.

  • VIII edición de "As mulleres na música galega"

    Cando:

    02/12/2023

    A asociación cultural Tres por Cuatro organiza unha nova edición de "As mulleres na música galega" en homenaxe a Margarita Viso Soto, que terá lugar no Círculo de Artesáns da Coruña.

  • Microcréditos á formación

    Cando:

    A formación poderá cursarse desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de setembro de 2024 pero a súa terminación e superación debe realizarse tras a data de publicación desta convocatoria (21 de novembro de 2023).

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    O Ministerio de Traballo e Economía Social convoca axudas para a formación de persoas traballadoras ocupadas e desempregadas mediante a realización de accións de formación que, de acordo co seu perfil, destínense a impulsar ou mellorar a súa carreira profesional ou a súa empleabilidad, ou permitan adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva. Estás accións terán unha dotación de 600 euros para cursos dun importe igual ou superior.

  • International Poster Triennial Toyama 2024

    Inscricións:

    Ata o 16/01/2024

    Toyama Prefectural Museum of Art & Design anuncia a convocatoria de inscricións para a International Poster Triennial Toyama 2024 (IPT2024) de carteis.

  • XXIX Premio Internacional de Relatos Curtos José Nogueiras

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2023

    Co obxectivo de promover e incentivar a produción literaria no ámbito da narrativa, a Deputación de Huelva, a través do Servizo de Cultura, convoca anualmente o Premio Internacional de Relatos Curtos José Nogueiras.

  • X Certame Coreográfico DanzaXtrema 23

    Inscricións:

    Ata o 04/12/2023

    O Centro de Artes Espazo Cinético Taktá de Navalmoral de la Mata, convoca o X Certame Coreográfico DanzaXtrema 23.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión