Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
236 resultados
Dende o 17/04/2024 ata o 25/04/2024
A Consellería de Política Social e Xuventude oferta servizos e recursos co obxecto de facilitarlle á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer educativo e tempo libre.
Ata o 24/05/2024
A Fundación Festa da Istoria convoca o concurso de carteis da Festa da Istoria de Ribadavia para a súa XXXV edición os días 30 e 31 de Agosto de 2024.
Os días 17/04/2024, 08/05/2024, 05/06/2024
O Museo de Belas Artes da Coruña e a Asociación de Amigos do Museo organiza o ciclo de cine "Museos de Cine", que ten como obxectivo amosar a través das cámaras o que hai detrás destas grandes institucións culturais. Nesta primeira edición descubriremos as salas do Museo del Prado, da National Gallery e do Museo do Hermitage.
27/04/2024
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza o roteiro "A Coruña de Luísa Villalta: límite exterior" , guiado por María Casar.
30/04/2024
Este grupo, no Espazo Diverso, é un lugar seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación e para a acollida de dúbidas onde as familias poidades sentirvos apoiadas e comprendidas.
Ata o 26/04/2024
Convocatoria para a cobertura en propiedade, polo sistema de oposición libre, dunha praza de Arquitecto/a Técnico/a, grupo de clasificación A, subgrupo A2.
Ata o 26/04/2024
Procesos selectivos para cubrir unha praza de informático/a e unha praza de arquitecto/a, polo procedemento de concurso-oposición libre, e proceso selectivo para cubrir unha praza de Auxiliar Administrativo/a por oposición libre.
Ata o 30/06/2024
A Editorial Elvira convoca o 11º Certame Nacional de Relato Vigo Histórico, un concurso que ten como obxectivo fundamental dar un espazo onde expresarse aos escritores e escritoras noveis.
Ata o 24/04/2024
Proceso selectivo para ingreso no Corpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado. 15 prazas polo sistema xeral de acceso libre e oposición.
Ata o 06/05/2024
A Agrupación Cultural O Facho convoca unha nova edición do seu concurso de "Contos de Nenos para Nenos"
resultados 236
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible