Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

48 resultados

  • Mozos Voluntarios das Nacións Unidas

    Os Mozos Voluntarios das Nacións Unidas son unha categoría dos Voluntarios das Nacións Unidas, creada para fomentar unha maior participación no voluntariado da xeración máis numerosa da historia, formada por persoas menores de 30 anos.

  • Monólogos no Aquarium

    Cando:

    Dende o 27/01/2024 ata o 30/06/2024, os sábados e domingos

    O Aquarium Finisterrae incorpora unha nova actividade que se ofrece ás persoas que visitan o centro. Trátase de charlas breves sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium, ofrecidas polo persoal de atención ao público.

  • Ciclo "Todo Público", primavera 2024

    Cando:

    Dende o 03/02/2024 ata o 06/04/2024

    "Todo Público" é un ciclo de artes escénicas de espectáculos en pequeno e mediano formato organizado polo Concello da Coruña en colaboración coa AGADIC, que esta primavera oferta catro novos espectáculos.

  • Exposición Helmut Newton

    Cando:

    Dende o 18/11/2023 ata o 01/05/2024

    La Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) acoge en el Mulle de Batería la exposición fotográfica del artista Helmut Newton.

  • Ciclo de concertos "En clave de Á"

    Cando:

    Dende o 08/02/2024 ata o 09/05/2024

    un concerto ao mes

    A Biblioteca Municipal Ágora organiza por segundo ano consecutivo o ciclo de concertos "En clave de Á" en colaboración coa Asociación de Estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña, para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara nun espazo diferente.

  • 1891-1895 Picasso na casa

    Cando:

    Dende o 02/01/2024 ata o 31/03/2024

    Unha mostra colectiva organizada pola plataforma Coruña Gráfica e comisariada por Manel Cranio.

  • Monólogos e espectáculos de humor en Afundación

    Cando:

    Dende o 20/01/2024

    A sede da Coruña de Afundación acollerá de novo durante o 2024 unha completa programación de monólogos e espectáculos de humor, para os que a venda de entradas xa está dispoñible na web de Ataquilla.com.

  • Ciclo "Sen Numerar", primavera 2024

    Cando:

    Dende o 26/01/2024 ata o 10/05/2024

    Volve o ciclo de artes escénicas "Sen Numerar" ao Fórum Metropolitano con cinco espectáculos de pequeno e mediano formato para todos os públicos.

  • Ciclo "As mellores películas da historia"

    Cando:

    Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024

    O Teatro Colón presenta o ciclo de cinema "As mellores películas da historia", proxeccións en pantalla grande, V.O. con subtítulos e formato 35 mm. de seis dos considerados mellores filmes da historia pola prestixiosa publicación británica Sight & Sound. O ciclo, coordinado por Javier Trigales, permitirá revisionar un destes grandes clásicos ao mes, que serán analizalos nun coloquio posterior da man de grandes expertos e expertas.

  • Folk no Colón

    Cando:

    Dende o 28/12/2023 ata o 30/05/2024

    Estrelas do folk galego no Teatro Colón

resultados 48

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión