Concello da Coruña

Concello da Coruña

Texto Refundido Maio 2013 CMATI

A documentación do Plan Xeral que aquí se facilita, correspóndese co Texto Refundido requirido pola Orde de 25 de febreiro de 2013, ditada polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, pola que se aprobou definitivamente o documento do Plan Xeral de Ordenación municipal da Coruña, publicada no DOG nº 48 de 8 de marzo.

A anterior documentación publícase, de forma gratuíta, en cumprimento do artigo 100 da Lei 9/02 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no que se sinala que "os instrumentos de ordenación urbana, con todos os seus documentos, tanto se se atopan aprobados como durante a súa tramitación, serán públicos e calquera persoa poderá, en todo momento, consultalos, obter copias dos mesmos previo pago do prezo correspondente e solicitar información sobre os mesmos no Concello".

O Tomo I e o Tomo II de contestación de alegacións, suprimíronse da publicación web por conter datos persoais, en cumprimento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, non obstante o anterior o documento completo poderá ser consultado nas dependencias da área de Urbanismo (Praza de Indalecio Prieto, 1-3).

Arquivos Texto Refundido Maio 2013 (diligenciado CMATI)

Inicio /  04b_PLANOS INFORMACION A1 / 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión