O Proxecto de Voluntariado apoia o traballo voluntario transnacional da mocidade. O seu obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea.
As persoas voluntarias, de entre 17 e 30 anos, desenvolven a actividade de voluntariado nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un período determinado en beneficio da comunidade. As actividades podar ser culturais, de deportes, de axuda social, de medio ambiente etc.
Ao final do teu período de servizo no Proxecto de Voluntariado expediráseche un certificado que confirmará a túa participación e describirá o teu proxecto: o "Youthpass".
Como funciona?
Un Proxecto de Voluntariado é unha asociación entre dúas ou máis organizacións promotoras que son quen se encarga de seleccionar persoas voluntarias para o seu proxecto.
As/os voluntarias/os participan no Proxecto de Voluntariado a través dunha organización de envío no país onde viven e unha organización de acollida que os recibe e alberga durante a misión.
Canto dura?
Os proxectos duran entre 2 e 12 meses.
Recibirei algunha axuda?
Recibirás aloxamento e alimentación gratuítos, un seguro e diñeiro de peto. É posible que teñas que aboar unha pequena contribución aos gastos de viaxe.
Como o solicito?
Na Coruña están acreditados:
Rúa Manuel Azaña, 10, 2. 15001 A Coruña. Tfno: +34 692 372 780 info@ingalicia.org www.ingalicia.org
Rúa Adelaida Muro, 1B, baixo A. 15002 A Coruña. Tfno: +34 981 260 365 info@integracoruna.com www.integracoruna.com
Praza de María Pita, 17, 15001 A Coruña. Tfno: +34 981 223 927 voluntariadoeuropeo@paideia.es www.paideia.es
Rúa Venela s/n. Centro social "A Silva", Travesía Orillamar, 7, 15002 A Coruña. Tfno.: +34 981 236 586 info@ligagalega.org www.ligareumatoloxicagalega.es
adm@tesourosdegalicia.com www.tesourosdegalicia.com
Info-kit Proxecto de Voluntariado
Documento elaborado pola Comisión Europea que ten por obxectivo servirlles de apoio ás persoas voluntarias e ás súas organizacións de envío na preparación antes da saída.
Consulta toda o relacionado co kit informativo.
O programa AIX desenvolverase de abril a xuño 2021
Prazo de envío de solicitudes ata o 13/04/2021
Dende o 31/03/2021 ata o 30/04/2021
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible