Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programas educativos

  • Deporte no centro

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

  • Dereitos e deberes das persoas consumidoras

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Diferentes pero iguais (educación para a igualdade e a convivencia)

    Este taller trata de favorecer a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades entre as nenas e os nenos.

  • Educa Saúde

    Programa de prevención e formación que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudables desde a infancia. Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. O programa inclúe tamén as familias como axente determinante na transmisión destas condutas.

  • Educación viaria coa Policía

    O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Busca mellorar a seguridade viaria das/os escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e polo tanto, viarias.

  • A información solicitada xa non se encontra dispoñible. Desculpe as molestias

  • Enerxía e cambio climático

    A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

  • Ensaios xerais abertos

    O alumnado asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que se realizan o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.

  • Falamos

    O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Todas as actividades deste programa van ser gratuítas.

  • Fauna de aquí e de alá

    A presenza de todo tipo de mascotas acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Tanto en número como en variedade de especies. E nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir varios problemas que enturban a relación entre humanos e animais: os malos tratos animais e a tenencia responsable; a introdución de especies invasoras; o comercio de especies vulnerables.

    ¿Como afectan estas normativas á nosa relación coas mascotas? ¿Estamos dispostos a asumir estas obrigacións legais e éticas para con elas?

  • Feira Matemática

    A XIV edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar na ensinanza-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenas/os e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

  • Fuga de cerebros: habilitades sociais fronte ás drogas

    Taller para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.

  • Idiomas do mundo

    O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2019, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

  • Inicia

    Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Ciclos formativos e Educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a titorización/mentorización dos seus proxectos empresariais.

  • Intercambios escolares

    Programa que promove e facilita os intercambios entre os centros educativos sostidos con fondos públicos do municipio con centros doutras comunidades autónomas e doutros países, organizando visitas e itinerarios e a realización de actividades de acordo coa natureza do intercambio.

  • Iso xa non é unha broma: prevención de acoso escolar e ciberacoso

    Taller que promove potenciar as habilidades persoais e o traballo cooperativo das persoas participantes, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de acoso escolar.

  • Itinerarios

    Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

  • Libres de etiquetas (socialización diferenciada)

    Este taller trata de favorecer que as mozas e os mozos poidan desenvolverse e relacionarse libres de prexuízos, estereotipos de xénero, presións sociais e mediáticas vinculadas co xénero que dificultan unhas relacións interpersoais entre ambos os sexos saudables e en igualdade.

  • Listen and Speak Primaria

    Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa. Orientado á certificación internacional do Trinity College London, de acordo cos niveis do Marco Europeo das Linguas.

  • Listen and Speak Secundaria

    Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral de Inglés, orientado á certificación internacional do Trinity College London, de acordo cos niveis do Marco Europeo das linguas.

  • Luditarde

    O programa Luditarde, baixo o principio e a pedagoxía do lecer e o xogo, realiza actividades relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas transversais (educación viaria, para a paz, para a saúde, medio ambiental, cívica...) ou a algunha situación relevante, a partir dos cales se desenvolven as áreas de contidos: animación á lectura, animación teatral, lóxica matemática-xadrez, expresión artística, musical, actividades motrices e /ou deportivas e novas tecnoloxías.

  • Madrugadores

    O programa Madrugadores ofrece un servizo de acollida, coidado, vixilancia e almorzo a escolares dos centros públicos de educación infantil e primaria do Concello da Coruña. O servizo prestarase polas mañás, antes do inicio das clases e nos días lectivos do curso escolar 2019-2020.

    Os almorzos serán equilibrados e adaptados ás necesidades dietéticas das e os menores. Serán elaborados por unha dietista e consisitirán en: un produto lácteo, unha peza de froita ou un zume natural, tostadas, cereais ou similares.

    Os produtos serán ecolóxicos e de proximidade. Elaboraranse menús específicos para alumnado con alerxias alimentarias.

    O programa ofrécese a través dunha empresa especialista en comedores escolares.

  • MUS-E 2019/2020

    A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.

    MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.

  • Natación escolar

    O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta, para escolares dos centros educativos públicos da cidade, o programa de Natación Escolar co fin de lles posibilitar aos e ás escolares da cidade unha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das súas técnicas de natación.

  • Nin máis nin menos, só diferentes (sensibilización sobre as diversidades existentes)

    Este taller vai encamiñado a promover a convivencia, a tolerancia, o respecto e o valor da diferenza, da diversidade como un activo de enriquecemento da comunidade, tendo como referencia o marco da Declaración dos Dereitos Humanos e incorporando a perspectiva de xénero.

resultados 162

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión