Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programas educativos

  • Novas tecnoloxías e consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • O aire que nos rodea

    O ser humano coas súas actividades altera e modifica os ciclos da Terra. Polas nosas accións, en moitos casos, as consecuencias son unha elevada contaminación nas capas altas que repercute consecuentemente na nosa saúde. Nisto xogan un papel determinante e singularmente crítico as cidades.

  • O imperio da nube e o avatar oculto: vantaxes e riscos asociados ao uso de internet

    Taller que promove un achegamento, adaptado á idade das persoas participantes, á toma de conciencia das vantaxes e riscos asociados a internet.

  • Ocio educativo

    Programa multidisciplinar estruturado en cinco talleres que posibilitan unha formación integral, co xogo como principal ferramenta de intervención educativa.

  • Pleno infantil

    O Concello da Coruña, no marco da lexislación vixente ofrécelles aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na realización dun pleno infantil presidido pola alcaldesa da cidade.

  • Prevención, abordaxe e xestión de conflitos

    Taller que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de drogas e alcol en particular.

  • Primeiros auxilios nos centros

    Realízao a Sección de Protección Civil do Servizo Municipal de Protección Civil e Bombeiros, consistente na aprendizaxe de primeiros auxilios, prevención e seguridade nos centros educativos da cidade.

    A persoa encargada é Federico de la Fuente Ortiz, monitor de Protección Civil e instrutor de Soporte Vital Básico e Desfibrilación Semiautomatica.

  • Programa de acción voluntaria antenas de información xuvenil

    Programa de acción voluntaria que consta da creación dunha rede de pequenas sucursais do Centro Municipal de Información Xuvenil, en 23 centros públicos (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e nos centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.

  • Publicidade e consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Residuos urbanos na Coruña

    Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de "usar e tirar", imperante hoxe en día.

  • Rutas urbanas animadas

    Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.

  • Sementando Participación

    O proxecto "Sementando Participación" ten como obxectivo xerar un proceso de participación infantil na área metropolitana da Coruña. Está dirixido ao alumnado e profesorado de 5º e 6º de EP. consistirá nun taller de formación para o profesorado e traballarase co alumnado a través de catro talleres de 50 minutos. Cada un finalizarase cun evento final de todo o alumnado participante.

  • Semente

    Programa educativo que pretende fomentar os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.

  • Seminarios de motivación para a procura de emprego

    Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxecto de posibilitar que o estudantado de FP dos institutos de ensino secundario do municipio dispoña da información e do asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.

  • Semua 2019

    Concertos didácticos centrados en Bandas Sonoras cinematográficas de obras audiovisuais galegas. Os concertos corren a cargo da Banda Municipal de Música da Coruña e diríxeos David Fiuza.

  • Somos dous, eu tamén conto (relacións sas de parella)

    Este taller trata de contribuír a que o alumnado tome conciencia e desenvolva unha actitude analítica e crítica fronte á discriminación por razón de xénero e fronte á violencia de xénero.

  • Son futuro: concertos didácticos

    A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes os vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.

  • Taller de prevención no uso de Internet, redes sociais e xogos interactivos

    Este taller ten como obxectivo:

    • a prevención de risco no uso de internet, redes sociais e xogo interactivo
    • fomentar o uso responsable de internet, novas tecnoloxías, redes sociais e xogos interactivos
    • identificar situacións de risco e as súas consecuencias
  • Taller para alumnado diagnosticado con TDAH

    Taller para alumnado cun diagnóstico de trastorno por déficit de atención con/sen hiperactividade (TDA-H). Desenvolvésense talleres psicopedagóxicos para todos os grupos e, para o grupo de adolescentes, un taller de creatividade e control de impulsos.

  • Talleres de saúde afectivo-emocional e sexual

    Programa educativo composto por Talleres sobre Saúde Afectivo-Emocional e Sexual desde unha perspectiva de xénero nos que se traballa e reflexiona sobre as diferenzas de valores emocionais, afectivos e sexuais que nos transmiten segundo sexamos mulleres ou homes e as repercusións que estas diferenzas teñen nas nosas vidas.

    A través destes talleres ofrecemos ferramentas educativas para promover unha sexualidade igualitaria, libre, sa e pracenteira. Non existe unha sexualidade normal, acomodada ou correcta. Só hai unha regra para unha sexualidade saudable; o respecto cara a unha mesma e a un mesmo e ás outras persoas.

    Destacar tamén que ao realizar estas actividades en coordinación co centro escolar poténciase a sensibilización do profesorado en relación coa importancia da educación afectivo sexual desde a perspectiva de xénero e a súa normalización dentro das aulas.

  • Teatro foro: "Vestido de voda"

    "Vestido de voda" é unha peza teatral muda de dez minutos de duración. Arredor da peza lévase a cabo unha actividade de reflexión sobre as relacións de parella a través do teatro-foro.

    Este tipo de teatro procura a interacción entre o escenario e o patio de butacas, convertendo o público no verdadeiro protagonista e permitindo así unha aprendizaxe activa.

    A cargo da actriz Vanessa Rivas e o actor José Leis

    Educadoras sociais: Naiara González e Noelia Darriba

  • Tod@s contamos 1: prevención do consumo de drogas

    O obxecto do taller é dotar o alumnado das ferramentas necesarias para a toma de decisións adecuadas ante a situación do consumo de drogas, así como evitar posibles situacións de risco asociadas.

  • Tod@s contamos 2: surfeando as drogas

    Taller que reforza o aprendido no taller "Todos contamos 1", utilizando recursos e metodoloxía práctica, incidindo nas dinámicas e adquisición de valores positivos para a adopción de condutas saudables.

  • Todo público: programación de teatro para centros escolares 2019-2020

    O IMCE ofrécelles parte da súa programación de teatro aos centros escolares con funcións específicas para eles.

  • Vexo, vexo

    Para coidar, querer e respectar a natureza, é necesario coñecela. Encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo aos máis pequenos; a saber o porqué e o como dos diferentes ecosistemas que nos rodean e a identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis os nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move ao noso arredor.

resultados 162

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión