Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2020

Bono social para traballadoras/es autónomas/os que cesasen a súa actividade ou visen reducida a súa facturación como consecuencia da COVID-19

Serán consideradas/os consumidoras/es vulnerables e poderán acceder a un 25% de desconto na súa factura eléctrica traballadoras/es por conta propia ou autónomas/os que, como consecuencia da COVID-19, estean nalgunha destas situacións:

  • Cesaron a súa actividade totalmente.
  • Viron reducida a súa facturación en polo menos un 75% o mes anterior á solicitude do Bono Social en relación coa media de facturación do semestre anterior, nos termos establecidos no Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo.

Requisitos:

  • Estar acollido ao Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC) 
  • A subministración para a que o solicita debe corresponder á vivenda habitual. Para poder optar a este Bono Social é necesario que a renda conxunta anual da unidade familiar á que pertenza sexa igual ou inferior a:
  • 18.799€ (2,5 x IPREM de 14 pagas) se non hai menores na unidade familiar
  • 22.559€ (3 x IPREM de 14 pagas) se hai un/unha menor na unidade familiar
  • 26.318€ (3,5 x IPREM de 14 pagas) se hai dous/dúas menores na unidade familiar. A data de fin deste bono social será cando deixen de concorrer as circunstancias que desen lugar ao dereito para percibilo. A persoa consumidora está obrigada a comunicarllas á súa comercializadora de referencia. En ningún caso se estenderá máis de 6 meses desde a súa deivindicación sen prexuízo da posibilidade de acollerse á devandita condición en calquera momento anterior ou posterior a esa data, ao amparo do resto de supostos previstos no Real decreto 897/2017, do 6 de outubro. O bono social devindicarase a partir do primeiro día do ciclo de facturación no que se reciba a solicitude completa. A comercializadora de referencia avisará a persoa consumidora, na última factura que emita antes do vencemento do prazo de 6 meses, da data de tal vencemento, e indicaralle que pasa ao PVPC e que pode contratar a súa subministración cun comercializador en mercado libre.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión