Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria Renovación EDM 2021/22

ANUNCIO

Todas as publicacións relativas a este proceso faranse polos seguinte medios:

-    Na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes.

-    Nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais.

Asimesmo, poderase obter información no teléfono de información da cidadanía 010

A continuación pode consultar un extracto das bases da convocatoria, pode consultar o documento AQUÍ, ou no documento adxunto ao pe da paxina.

BASES DA CONVOCATORIA (EXTRACTO)

A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado matriculado nas EDM no curso 2020-2021 e no curso 2019-2020 cando se trate de actividades desenvolvidas na piscina municipal de Riazor, tanto as xestionadas directamente pola concellaría de Deportes como as que se xestionan a través das empresas concesionarias do Complexo Deportivo Municipal de San Diego e da Piscina Municipal de San Amaro, sempre e cando o dito alumnado desexe renovar a súa matrícula para o curso 2021-2022.

Terán dereito a renovar nas EDM todas as persoas que figuran inscritas como alumnado, tanto nas actividades de seco do curso 2020-2021, como nas actividades de piscina do curso 2019-2020 que non puideron formalizar a súa matrícula no actual curso debido ás obras que se están a realizar na piscina municipal de Riazor. Debido á situación sanitaria Covid-19, o dereito á renovación é independente da porcentaxe de faltas de asistencia que se tivera durante o último curso ao que asistiu o alumnado. Soamente se poderá renovar cando a actividade na que se estivera matriculado teña continuidade no curso 2021-2022 e cando a persoa inscrita no anterior curso cumpra co requisito de idade e condición física necesarias para realizar a actividade.

Publicarase unha listaxe de todas as actividades das EDM e do alumnado ao que se lle vai reservar a praza para o seguinte curso e polo tanto, do alumnado que terá dereito a renovación.

No caso de que se deba realizar un cambio de grupo por idade ou nos casos de AGÁS, a coordinación das EDM asignaralle unha actividade a esas persoas noutro grupo sempre e cando iso sexa posible.

A listaxe publicarase o día 22 de marzo de 2021 e contra a dita listaxe poderanse efectuar as alegacións que se estimen oportunas ata o día 25 de marzo de 2021. As alegacións deberanse realizar por rexistro dirixidas ao Servizo Municipal de Deportes.

Ao mesmo tempo, as persoas interesadas poderán chamar ao número 981 18 98 00 e consultar o estado da súa renovación.

Para a renovación de todas as actividades impartidas en San Diego e San Amaro,  as listaxes das persoas con dereito a renovación serán publicadas polas empresas concesionarias dos devanditos centros.

DATAS, LUGAR E HORARIOS PARA AS RENOVACIÓNS

Debido á Covid-19, e co fin de garantir que no procedemento de renovación non se realicen concentracións de persoas, estableceranse dous períodos diferenciados para realizar as renovacións, en función das actividades:

RENOVACIÓN DAS ACTIVIDADES DE PISCINA DE RIAZOR: do 5 de abril ao 21 de maio de 2021. Os cambios de grupo por idade ou AGÁS faranse do 1 ao 8 de xuño de 2021. As renovacións realizaranse nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes situados na Cidade Deportiva de Riazor e na Cidade deportiva da Torre Arsenio Iglesias, en horario de atención ao público de 08:15 a 14:00 horas.

RENOVACIÓN DE ACTIVIDADES EN SECO: do 5 de xullo ao 20 de agosto de 2021. Os cambios de grupo por idade ou AGÁS faranse do 1 ao 8 de setembro de 2021. As renovacións realizaranse nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes situados na Cidade deportiva de Riazor e na Cidade deportiva da Torre Arsenio Iglesias, en horario de atención ao público de 08:15 a 13:00 horas. Excepto na primeira semana completa de agosto (Semana Grande) onde o horario será de 08:15 a 12:30 horas.

En ambos periodos será imprescindible concertar solicitar cita previa antes de acudir a unha oficina de atención ao público. Consulte o apartado "Normas específicas motivadas pola Covid-19". 

RENOVACIÓN DE TODAS AS ACTIVIDADES DE SAN DIEGO E SAN AMARO: do 5 de xullo ao 20 de agosto de 2021. Os cambios de grupo por idade ou AGÁS faranse do 1 ao 8 de setembro de 2021. Estas renovacións faranse nos devanditos centros, dentro do horario de atención ao público deses centros. (A listaxe das persoas con dereito a renovación serán publicadas polas empresas concesionarias).

CAMBIO DE GRUPO POR IDADE E AGÁS

Cambio de grupo por idade: Sempre que se reúnan todos os requisitos establecidos, permitirase a continuidade na mesma modalidade deportiva de EDM ao alumnado que por idade deba cambiar de grupo, a condición de que sexa posible polo número de prazas existentes.

En razón a iso, exceptúanse os grupos correspondentes a (clasificados como AGÁS):

  • Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos. (Piscina Municipal de Riazor)

AGÁS EDM: o alumnado dos grupos numerados como AGÁS intentarase colocar en grupos con prazas dispoñibles.

No caso de que non se poidan colocar todos/as os/as alumnos/as que están en situación de AGAS, realizarase un sorteo e publicarase o resultado. As persoas que non obteñan praza poderán acudir a convocatoria libre no mes de setembro.

O procedemento do sorteo (sempre e cando sexa necesario) será o seguinte:

  • Ordenarase  por  orde  alfabética  de  apelidos.  No  caso  de  apelidos compostos ou con preposicións, só se terá en conta a primeira letra do apelido  composto  e  non  se  terá  en  conta  nunca  a  letra  pola  que empeza a preposición.
  • Sacaranse dúas letras ao azar, sendo a primeira letra extraída a que corresponda co primeiro apelido e a segunda extraída a que corresponda co segundo apelido.
  • Cubriranse   as   prazas   libres   seguindo   as   orde   alfabética   que corresponde en función das letras extraídas.

A data do sorteo, de ser preciso, publicarase na páxina web. As renovacións nestes casos farase, unha vez publicada a listaxe ou acordado co alumnado o grupo no que se vai incluír.

LISTAXES DO ALUMNADO 

Escolas Deportivas Municipais - Actividades da Piscina de Riazor

Escolas Deportivas Municipais - Actividades de Seco

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE

Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanzas Fiscal número 15 do Concello da Coruña.

A Ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM, para o cal deberán aportar a documentación preceptiva con carácter previo á data de matriculación.

O pago da taxa poderá realizarse, dentro do prazo de renovación que corresponda segundo a actividade, nos rexistros do Palacio do Deportes de Riazor e da Cidade Deportiva da Torre, en horario de atención ao público.

Para pagar a taxa a persoa só terá que acudir ao rexistro co NIF e co importe exacto de acordo coa táboa que se publica.

RENUNCIA Á PRAZA

As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda en función da actividade, non fixeran o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar.

A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase no mes de setembro de 2021.

En todo caso, unha persoa que renunciou ou que non renovou unha praza por calquera circunstancia sempre vai poder optar a convocatoria libre por esa ou por outra que saia ofertada.

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR ALUMNO/A

Para o curso 2021-2022 establécese a limitación dun máximo de dúas matrículas por alumno/a das EDM (incluíndo todas as actividades realizadas en calquera das IDM).

Esta limitación refírese aos casos de renovación nas escolas e de matrícula nova en setembro. Non obstante, no caso de que durante o curso queden prazas libres, se as ditas prazas se chegasen a convocar pola Concellaría de Deportes, poderanse matricular alumnos/as que xa estean matriculados/as en dúas actividades. Rematado o curso escolar, cando se vaian realizar as renovacións, o alumnado que supere as dúas matrículas deberá elixir só dúas actividades para renovación.

Exceptúanse desta regra as actividades de recuperación funcional de forma temporal e os casos de natación prenatal.

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19

Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar as renovacións, establécense as seguintes normas:

Obriga de solicitar cita previa:

O alumnado deberá solicitar cita previa antes de acudir a unha oficina de atención ao público.

Poderase solicitar cita previa a través da páxina web municipal, www.coruna.gal, ou chamando ao teléfono da coordinación da EDM, 981 18 98 00, Ext. 25037 ou 25038.

Programarase unha cita previa cada 5 minutos e por matrícula. Unha mesma persoa pode solicitar varias citas para formalizar varias matrículas.

Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.

Obriga de pagar con importe exacto:

Para evitar contaxios, o alumnado deberá acudir ao rexistro co importe exacto da taxa que debe pagar. Para iso publicarase unha táboa na páxina web www.coruna.gal/deportes onde figuran todos os importes en función da idade.

Outras obrigas:

  • No  momento  de  espera  para  acceder  á  instalación  deberase  gardar  a  distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • É obrigatorio levar máscara en todo momento.
  • Antes de entrar na instalación tomarase a temperatura da persoa que acuda ao rexistro, e non se lle permitirá pasar se presenta unha temperatura de 37.5 grados ou superior.
  • É obrigatorio desinfectar o calzado na entrada da instalación, nunha alfombra habilitada ao efecto.

Cadro de taxas

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

ESCOL A SDEPORTIVAS MUNICIPAIS

TAXAS  * Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM. Máis información na Ordenanza Fiscal n º 15 vixente

Menores de 18 anos

Actividades en auga e seco

1 día - 18,26 €

2 días - 36,50 €

3 días - 54,30 €

Recuperación funcional

2 días - 67,88 €

3 días - 82,32 €

Entre 18 e 64 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +18 anos - 55,17 €

3 días - +18 anos - 82,32 €

Recuperación funcional

2 días - +18 anos - 95,03 €

3 días - +18 anos - 121,35 €

Maiores de +65 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +65 anos - 10,18 €

3 días - +65 anos - 16,14 €

Recuperación funcional

2 días - +65 anos - 57,58 €

3 días - +65 anos - 72,02 €

Considérase a idade a 31 de decembro de 2021

Podar descargar este cadro no documento Anuncio de renovación EDM - curso 2021/22, adxunto no pé desta páxina.

Documentos relacionados

  • Listaxe alumnado cambio idade SEN CONTINUIDADE-Seco-Curso 2021-22 (37 KB)
  • Listaxe alumnado cambio idade - EDM seco_Curso 2021-22 (39 KB)
  • Listaxe alumnado renova actividades seco - Curso 2021-22 (86 KB)
  • Listaxe alumnado cambio idade SEN CONTINUIDADE_Piscina Riazor-Curso 2021-22 (37 KB)
  • Listaxe alumnado cambio idade-EDM Piscina Riazor-Curso 2021-22 (73 KB)
  • Listaxe alumnado renova- EDM Piscina Riazor-Curso 2021-22 (85 KB)
  • Bases Convocatoria renovacións curso 2021/22 (286 KB)
  • Anuncio de renovación das EDM Curso 2021/22 (7 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión