A formación profesional no sistema educativo comprende un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular, de 2000 horas de duración e contidos teórico-prácticos adecuados aos diversos campos profesionais.
Os ciclos formativos están referidos ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é de dous cursos académicos. Tanto os de grao medio como os de grao superior inclúen un módulo de formación en centros de traballo, FCT, indispensable para a obtención do título académico. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real con contidos consistentes e a realización de actividades produtivas propias do perfíl profesional.
|
Directo | Proba acceso |
Grao medio |
Ter título ESO (ou equivalente) Ter título profesional básico (C.B.) |
Non ter a ESO Idade mínima 17 anos |
Grao superior |
Ter título bacharel (ou equivalente) Ter título de técnica/o (C.M.) |
Non ter bacharelato nin ciclo medio Idade mínima 19 anos |
TITULACIÓNS:
Cando conclúas un ciclo formativo podes obter estes títulos:
Co título de técnico/a podes acceder ao primeiro curso de bacharelato ou a un ciclo superior de FP. Co título de técnico/a superior podes acceder directamente, sen necesidade de proba de acceso, a calquera ensinanza universitaria de grao. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso faríase tendo en conta a nota media do ciclo. Para mellorar esta nota de acceso é posible presentarse á parte voluntaria da ABAU.
Formación Profesional Dual:
A Fp dual é unha modalidade de oferta dentro da formación profesional que se realiza en réxime de alternancia entre o centro educativo e a empresa, cun número de horas ou días de estancia nesta e no centro educativo de duración variable.
Os centros e as empresas comarten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.
Nesta modalidade dual, os ciclos formativos pódense distribuír en 2 ou 3 anos.
PARA CONSEGUIR MÁIS INFORMACIÓN:
Dende o 10/10/2024 ata o 30/10/2024
O programa AIX desenvolverase de novembro 2024 a maio 2025
Prazo de envío de solicitudes do 19/09/2024 ata o 02/10/2024, ambos incluidos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible