Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ensino universitario

Volver a menú

Volver a menú

Volver a menú

Acceso á universidade

Para solicitar o ingreso nos estudos universitarios débese estar nun dos seguintes casos:

  • Ter superado o Bacharelato. É necesesario superar a Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á a universidade, ABAU.
  • Ter cursado ciclos superiores de Formación Profesional, Artes Plásticas ou ensinos deportivos. Acceso directo.
  • Mediante a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
  • Alumnado de sistemas educativos da Unión Europea: as persoas que realizasen a proba de acceso no seu país deberán solicitar á UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) unha CREDENCIAL, ou o que é o mesmo, un documento que acredita que reúnen nos seus respectivos países os requisitos de acceso á universidade.
  • Estudos estranxeiros convalidables a nivel de Bacharelato . As persoas que posúan estudos realizados en países alleos á Unión Europea que sexan equivalentes aos estudos españois que dan acceso á universidade (bacharelato, técnico superior de formación profesional,...), poden acceder aos estudos oficiais de Grao, homologando os seus estudos ao sistema educativo español. A cualificación tras a homologación é a nota de acceso aos estudos universitarios.
  • Maiores de 40 anos con experiencia profesional: as persoas maiores de 40 anos de idade poden acceder aos ensinos universitarios oficiais de grao acreditando experiencia laboral e profesional para o grao que desexa realizar.
  • Maiores de 45 anos: poden acceder aos ensinos universitarios oficiais de Grao mediante a superación dunha proba, correspondéndolles o acceso naquela universidade ou universidades do distrito universitario, de ser o caso, onde teña superada a mesma.

Volver a menú

Titulacións en Galicia

En Galicia hai dous organismos encargados de regular o relacionado co ensino universitario:

  • A Secretaría Xeral de Universidades pertencente á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. É o órgano para a ordenación, planificación e execución das competencias en materia de universidades e ensinos universitarias.

Neste documento " Titulacións universitarias en Galicia " poderás ver que titulacións impártense aquí e en que campus. Tamén atoparás as que se imparten na UNED (a universidade pública a distancia), que ten varios centros asociados en Galicia.

Volver a menú

Posgrao

Os estudos oficiais de Posgrao teñen como finalidade a especialización do estudante na súa formación académica, profesional ou investigadora. Os Programas Oficiais de Posgrao conducen á obtención dos títulos de Máster e Doutor, axustados aos criterios do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Os Títulos Propios de Posgrao son títulos que as universidades ofrecen, pero que non se atopan no catálogo de títulos oficiais. Esta clase de ensinos pretende satisfacer unha demanda non atendida na súa totalidade ou parcialmente polos títulos oficiais. Os títulos propios de posgrao na maioría das universidades son:

  • Máster (mínimo 60 créditos ECTS e máximo 120 créditos ECTS)
  • Experto ou Especialista (20-40 créditos ECTS)
  • Cursos de formación específica: as universidades poden organizar outro tipo de cursos específicos, que non conducen a un título universitario propio, senón a un diploma ou certificado.

Requisitos de acceso: estar en posesión dun título de graduado, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto. A dirección do curso poderá propoñer que se establezan requisitos adicionais de formación previa específica nalgunhas disciplinas.

Excepcionalmente, nos cursos de Experto Universitario e de formación específica, pode permitirse o acceso a persoas que, sen ter titulación universitaria, cumpran cos requisitos mínimos de acceso á universidade e, á vez, acheguen un notable grao de experiencia profesional no campo ao que vai dirixido o título en cuestión.

Nas webs das universidades, tanto públicas como privadas, atoparás información sobre a formación de posgrao que che ofrecen.Aquí tes as ligazóns directas á oferta das 3 universidades galegas:

Universidade dá Coruña

Universidade de Santiago

Universidade de Vigo

Volver a menú

Universidades

Molécula

Neste documento ofrecémosche as webs das universidades públicas, privadas.

O portal web do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ofrécenos:

Volver a menú

Non perdas

Non perdas

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • WhatsApp: 606 36 23 66
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión