| 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) para estudos de máster | a) Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no momento da presentación da solicitude:
- Ser menor de 40 anos
- Estar en posesión da nacionalidade española
- Residir fóra de España
- Acreditar un mínimo de 2 anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude
- Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:
- - Ser persoa emigrante nacida en Galicia
- - Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante 5 anos con nacionalidade española antes de emigrar
- - Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia
- Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitectura, enxeñaría, licenciatura, arquitectura técnica, diplomatura, ou enxeñaría técnica ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario.
b) Requisito que se deberá cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:
- Estar matriculado/a no curso 2026/27 nun máster universitario dos ofertados na convocatoria e sinalados no anexo I, dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial (para poderen acreditar este requisito as persoas solicitantes deben realizar con anterioridade o proceso de solicitude de admisión nun ou en varios másteres dos ofertados na convocatoria nas universidades públicas galegas que prefiran, coa antelación necesaria)
|
Data: Data de inscrición Ata o 30/04/2026 | A dotación total da bolsa para realizar o máster nunha universidade galega será a seguinte, segundo a súa duración e o país de procedencia do/da solicitante:
- 60-72 créditos ECTS
- Europa: 8.000 €
- Resto de países: 8.500 €
- 90 créditos ECTS
- Europa: 11.750 €
- Resto de países 12.500 €
| Con este programa de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración oferta ás persoas galegas universitarias residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito.
Os másteres ofertados intégranse nas áreas de Arte e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura; seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos así como o da información e coñecemento de Galicia.
SOLICITUDES: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.xunta.gal
Contacto:Secretaria Xeral da Emigración. Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno
Praza de Mazarelos, 15 (15704 - Santiago de Compostela)
Tel.: 981 547 271 - 981 957 162
correo-e: beme.master.emigracion@xunta.gal
Publicación: DOG 15/01/2026
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR911A
|
| V Residencia Cidade dá Coruña | - Poderá concorrer á presente convocatoria individualmente todo autor/a literario/a - maior de dezaoito anos- residente en calquera punto do territorio español excepto Galicia, con polo menos unha obra publicada sen que importe o idioma ou xénero literario.
- Memoria de PROXECTO: Descrición do proxecto literario que se pensa desenvolver durante a residencia (Máx. 2 páxinas). Poderán mencionarse aspectos como liñas temáticas, trama, estrutura, personaxes, contexto, sinopse, estilo, rexistro, ton, público lector ao que vai dirixido, intención ou calquera outro detalle que permita ao comité de valoración facerse unha idea o máis aproximada posible do plan para perseguir.
- Dossier literario: selección capaz de actuar como mostra representativa do traballo literario (publicado ou non) do ou da solicitante (Máx. 10 páxinas).
|
Data: Data de inscrición Ata o 17/02/2026 | - 1 residencia para un autor ou autora de creación literaria.
- O billete de tren ou avión en clase turista desde a localidade de orixe do escritor/a ata A Coruña - para o goce da residencia- terá unha única entrada e saída e non estará a outro nome senón ao da persoa beneficiaria. O candidato ou candidata elixida deberá, antes de viaxar á Coruña, dispoñer dun mínimo seguro médico que cubra gastos de hospitalización e gastos médicos.
- A manutención durante o mes de estancia quedará igualmente cuberta, a través dun estipendio para gastos básicos e existindo cociña completamente equipada na Residencia Literaria 1863.
| Contacto:Residencia Literaria 1863 1863coruna@gmail.com |
| 12 axudas para estudos de máster nos Estados Unidos de América | - Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñería ou equivalente.
- Concluír os estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Os estudantes que estean a finalizar os estudos no curso 2025-2026 non poderán participar na convocatoria. No caso de que o solicitante posúa ou estea en condicións de obter máis dunha titulación, a efectos do cumprimento deste requisito, só se terá en conta a titulación máis antiga.
- Acreditar cursar un mínimo de 240 créditos e o expediente académico debe ter unha nota media, na escala 0-10, igual ou superior a 7 puntos.
- Ter nacionalidade española. As persoas que teñan a dobre nacionalidade, sendo a estadounidense una delas, non poden optar a estas axudas.
|
Data: Data de inscriciónDende o 27/01/2026 ata o 16/02/2026 | - Dotación mensual de 2.670,00 euros.
- Dotación de 20.000,00 euros en concepto de matrícula ou taxas académicas.
- Axuda de 1.500,00 € para os gastos de viaxe de ida e volta.
- Plan de cobertura de accidentes corporais e de asistencia sanitaria.
| Contacto:Comisión Fulbright Rúa Xeral Oráa, 55. 28006 Madrid Tel: 91 702 7000 Correo electrónico informacion@fulbright.es Publicación: BOE 13/01/2026 Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 863361 |
| Bolsa Galicia Europa sobre comunicación das políticas comunitarias |
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia, mediante empadroamento.
- Estar en posesión dun título universitario oficial de grao en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
- Ter rematados os estudos no ano 2019 ou posterior.
- Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.
|
Data: Data de inscrición Ata o 12/02/2026 | Importe bruto da bolsa: 16.500,00 euros.
| Contacto:Fundación Galicia Europa
Rúa do Hórreo 61. Santiago de Compostela
Rue de la Loi / Wetstraat 38 - 2°, bte. 2. 6. Bruxelas
Enderezos electrónicos: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu ou bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
Teléfonos: 981 54 10 12 ou +32 (0) 27355440
Dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou de carácter xeral: teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou correo electrónico 012@xunta.es
Publicación:
DOG 09/09/2025 (bases reguladoras)
DOG 12/01/2026 (convocatoria)
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR770N
|
| Subvencións á creación escénica |
- Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que teñan social ou estatutariamente como obxecto ou fin social o desenvolvemento de actividades escénicas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e estean dadas de alta nas epígrafes 965 da sección de actividades empresariais ou as agrupacións incluídas na división 01: áreas de teatro e circo ou división 02: área de danza da sección 3 de actividades artísticas...
|
Data: Data de inscrición Ata o 23/01/2026 | O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 870.000€.
| Contacto:Axencia Galega das Industrias Culturais
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n. 15707- Santiago de Compostela (A Coruña)
tel: 881 996 077 | 881 996 078
e-correo: agadic@xunta.gal
Publicación: DOG 23/12/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento CT403B
|
| 2 Bolsas Programa Fundación SEPI - CDTI 22026 - 2 | - Nacionalidade española.
- Concluír no momento de realizar a entrevista persoal os estudos conducentes ás titulacións universitarias oficiais recoñecidas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional de España (consultar listaxe de titulacións requiridas).
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1996.
- Nivel de inglés avanzado, correspondente como mínimo a un B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCERL).
- Non ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da Fundación SEPI.
- As entrevistas realizaranse previsiblemente a segunda semana de marzo.
|
Data: O inicio das bolsas está previsto, en principio, para o 13 de abril de 2026. Data de inscrición Ata o 19/02/2026 | - As dúas bolsas realizaranse nas oficinas do CDTI en Madrid, na Oficina de Control Interno e Auditoría, e terán unha duración de 12 mese.
- 1.200 € bruto/mes.
| Contacto:Fundación SEPI Avda. de Burgos, 8-B, planta 14 (28036 - Madrid) tel.: 91 548 83 51 becas@fundacionsepi.es |
| 8 bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos |
- Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como ter domicilio en Galicia.
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Estar en posesión dalgún título universitario de licenciatura ou de grao en Dereito.
- Ter rematado os estudos no ano 2007 ou posteriores.
- Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para desempregados.
- Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
|
Data: Data de inscrición Ata o 19/02/2026 | Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000,00 € brutos (1.100 € brutos/mes).
| A distribución das oito bolsas entre as oficinas do IGCC será a seguinte:
- Oficina do IGCC na localidade da Coruña, 1 bolsa.
- Oficina do IGCC na localidade de Santiago de Compostela, 2 bolsas.
- Oficina do IGCC na localidade de Ferrol, 1 bolsa.
- Oficina do IGCC na localidade de Lugo, 1 bolsa.
- Oficina do IGCC na localidade de Ourense, 1 bolsa.
- Oficina do IGCC na localidade de Pontevedra, 1 bolsa.
- Oficina do IGCC na localidade de Vigo, 1 bolsa.
Contacto:Instituto Galego de Consumo e da Competencia - IGCC
Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo, Santiago de Compostela.
Teléfono 981 54 54 16
Enderezo electrónico igc.xerencia@xunta.gal
Teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12)
Publicación: DOG 19/01/2026
Sede electrónica (sede.xunta.gal): Procedemento CO400E
|
| Hortas ecolóxicas urbanas do Concello da Coruña 2026-2029 | Persoas físicas
- a) Ser maior de idade.
- b) Estar inscrito/a no Padrón municipal da Coruña, cunha antigüidade mínima dun ano anterior á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.
- c) Dispoñer da autonomía suficiente para realizar as tarefas básicas do horto, directamente ou con apoio, e contar con capacidade de obrar.
- d) Non ter débedas tributarias no período executivo co Concello da Coruña.
- e) Non ter sido obxecto de revogación dun horto nunha convocatoria anterior.
- Cada unidade familiar poderá realizar unha única solicitude de adxudicación
Centros públicos de ensino e asociacións sen ánimo de lucro
- a) Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal da Coruña.
- b) Que acrediten, mediante os seus estatutos, o seu carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental.
- c) Non ter débedas tributarias no período executivo co Concello da Coruña.
- d) Non ter sido obxecto de revogación dun horto nunha convocatoria anterior
- Cada asociación ou centro de ensino poderá realizar unha única solicitude de adxudicación para calquera das seguintes localizacións de hortas urbanas: Parque de Oza ou Parque Carlos Casares.
|
Data: A adxudicación rematará o 31 de decembro de 2029.
Data de inscrición Ata o 30/01/2026 |
- Esta convocatoria pon á disposición da veciñanza parcelas individuais de cultivo nas hortas urbanas de San Pedro de Visma, Novo Mesoiro, Parque de Eirís, Parque de Adolfo Suárez.
- Así mesmo, póñense a disposición dos centros públicos de ensino e asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, as parcelas situadas nas hortas urbanas dos parques de Oza e Carlos Casares-
Hortas:
- San Pedro de Visma: 120 parcelas individuais
- Novo Mesoiro: 36 parcelas individuais, 1 parcela de uso común
- Parque de Eirís: 81 parcelas individuais, 1 parcela de uso común
- Parque de Adolfo Suárez: 75 parcelas individuais, 1 parcela de uso común
- Parque de Oza: 13 parcelas
- Parque Carlos Casares: 12 parcelas
|
Contacto:Concello da Coruña
Tel.: 010 / 981 184 278
Publicación: BOP 16/01/2026
|
| 18 bolsas de formación en materia de arquivos |
- Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 75 créditos nas materias de historia, arquivística e/ou xestión documental.
- Acreditar coñecemento da lingua galega, nivel perfeccionamento, mediante certificado oficial ou Celga 4.
- Non desfrutar, con anterioridade á publicación desta convocatoria de bolsas, dun período de tempo igual ou superior a 6 meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral competente en materia de cultura, unha vez adxudicada a bolsa.
- Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
- Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.
|
Data: Data de inscrición Ata o 12/02/2026 | O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.055 €
| Contacto:Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura. Servizo do Sistema de Arquivos: Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n (15707 - Santiago de Compostela)
Tel.: 881 995 295 / 881 995 087 / 981 957 826
correo-e: servizodearquivos.cultura@xunta.gal
Publicación: DOG 12/01/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento CT110A
|
| 18 bolsas de formación en materia de museos |
- Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na cal se acredite un mínimo de 75 créditos nas materias seguintes:
- a) Historia da arte
- b) Historia
- c) Arqueoloxía
- d) Conservación e restauración
- Acreditar coñecemento da lingua galega, nivel perfeccionamento, mediante certificado oficial Celga 4 ou equivalente.
- Non ter desfrutado, con anterioridade á publicación desta convocatoria de bolsas, dun período de tempo igual ou superior a 6 meses destas mesmas bolsas, nin ter renunciado a elas sen unha causa de forza maior, a xuízo da Dirección Xeral de Cultura, unha vez adxudicada a bolsa.
- Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
- Non ter sido sancionadas por infracción, cometida durante o desfrute dunha bolsa concedida para a formación en materia de museos.
|
Data: Data de inscrición Ata o 12/02/2026 | O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.055 €
| Contacto:Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura: Cidade da Cultura - Monte Gaias, s/n. Edificio da Biblioteca. 2º andar (15707 - Santiago de Compostela)
Tel.: 981 545 934
correo-e: servizo.museos.cultura@xunta.gal
Publicación: DOG 12/01/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento CT110B
|
| Curso Santander | USA Summer Experience - UPENN 2026 | - Ter máis de 18 anos e menos de 30 anos, no momento da solicitude antes do 15 de abril de 2026, incluído.
- Ser residente de Alemaña, Arxentina, Brasil, Colombia, Chile, Perú, España, EE. UU., México, Portugal, Reino Unido ou Uruguai.
- Ser usuario rexistrado na páxina web e solicitar a inscrpción neste programa..
- Completar a proba de avaliación e dispoñible na páxina web, que consiste nun conxunto de probas para avaliar as competencias e habilidades dos candidatos.
- Nivel de inglés (mínimo equivalente a B1/Intermedio Baixo e non máis que C1).
- Dispoñibilidade para viaxar a Estados Unidos desde o 11 de xullo de 2026 ata o 1 de agosto de 2026.
- Ser seleccionado nas sucesivas fases do Programa.
|
Data: Dende o 11/07/2026 ata o 01/08/2026Data de inscrición Ata o 02/03/2026 | - O programa ofrece un curso de verán que durará 3 semanas, será impartido pola Universidade de Pensilvania e impartirase integramente en inglés. Contido do curso:
- Habilidades integradas: unha experiencia académica e cultural (Curso troncal, todos os niveis)
- Comunicación e redes sociais (Nivel Preintermedio)
- Innovación e Tecnoloxía (Niveis Intermedio e Avanzado)
- Liderado e Traballo de Equipo (Todos os Niveis)
- Psicoloxía Positiva e Resiliencia (niveis intermedio e avanzado)
- Redacción Profesional de Negocios (Nivel Avanzado)
- Planificación Estratéxica e Comunicación Persuasiva (Nivel Avanzado) Sustentabilidade (Niveis Intermedio e Avanzado)
- Conferencias
- O programa levará a cabo entre o 13 de xullo de 2026 e o 31 de xullo de 2026 na Universidade de Pensilvania. Ademais de aprender inglés, os estudantes terán unha axenda cultural e social, a oportunidade de coñecer o país, estudantes doutras nacionalidades e visitar Estados Unidos durante o seu tempo libre ou os fins de semana nas actividades programadas na axenda do programa.
| Contacto:elp@sas.upenn.edu |
| 18 bolsas de posgrao en estatística para o ano 2026 | - Persoas físicas que estean en posesión ou en condicións de obter o título de grao universitario, que deberá obterse durante os tres últimos anos anteriores á data de publicación da Resolución de convocatoria das bolsas.
|
Data: Data de inscrición Ata o 29/01/2026 | A contía íntegra mensual de cada bolsa ascenderá a 958,07 euros. | Contacto:INE- Instituto Nacional de Estatística Avenida de Manoteras 50-52, Madrid Tel. 91 583 91 00 Publicación: BOE 08/01/2026 Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 879909 |
| 33 bolsas de formación en biblioteconomía |
- Posuír algunha das titulacións universitarias seguintes:
- Grao en Biblioteconomía e Documentación.
- Grao en Información e Documentación.
- Grao en Xestión de Información e Documentación Dixital.
- Grao en Lingua e Literatura Galega/Española/Estranxeira/Comparada.
- Grao en Historia.
- Grao en Historia da Arte.
- Grao en Humanidades.
- Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
- Grao en Xestión Cultural.
- Mestrado oficial en materia de bibliotecas, con independencia da titulación de grao de acceso ao dito mestrado.
- Ter rematado os estudos conducentes ao título no curso académico 2014/15 ou posterior.
|
Data: Data de inscrición Ata o 09/02/2026 | As bolsas están dotadas con 1.010,00 € brutos mensuais.
| O número total de bolsas convocadas é de trinta e tres, que se desenvolverán nos centros seguintes:
- Biblioteca de Galicia 7
- Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal 4
- Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés 4
- Biblioteca Pública de Lugo 4
- Biblioteca Pública de Ourense Nós 4
- Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola 4
- Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel 5
- Biblioteca Pública Central Municipal de Ferrol 1
Contacto:Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 773/ 881 995 089
Publicación: DOG 08/01/2026
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento CT233A
|
| 7 bolsas de formación práctica no Parlamento de Galicia |
- Nacionalidade española, nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.
- Posuír as seguintes titulacións universitarias:
- Para as bolsas de comunicación institucional: Grao en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas; Grao en Comunicación Audiovisual; ou titulacións equivalentes.
- Para as bolsas de publicacións: Grao en Tradución e Interpretación, no que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; Grao en Lingua e Literatura galegas; Grao en Estudos de Galego e Español, con itinerario en lingua galega e española; ou titulacións equivalentes.
- Para a bolsa de recursos humanos e contratación: Grao en Dereito, Grao en Ciencias Políticas e da Administración, Grao en Dirección e Xestión Pública ou titulacións equivalentes.
- Para a bolsa de xestión parlamentaria: Grao en Dereito, Grao en Ciencias Políticas e da Administración, Grao en Dirección e Xestión Pública ou titulacións equivalentes.
- As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2018-2019 ou en anos posteriores.
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia ou non ter realizado máis dun terzo do período íntegro da bolsa por substitución dunha renuncia.
- As persoas solicitantes con discapacidade intelectual deberán:
- Ter recoñecida oficialmente unha discapacidade intelectual cunha afección nun grao igual ou superior ao 33 por cento.
- Acreditar posuír unha das seguintes titulacións académicas: titulación universitaria ou titulación de formación profesional. As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2018-2019 ou en anos posteriores.
- Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia ou non ter realizado máis dun terzo do período íntegro da bolsa por substitución dunha renuncia.
|
Data: Data de inscrición Ata o 30/01/2026 | 1.300 euros/mes.
|
- Seis bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:
- 2 bolsas de formación en comunicación institucional.
- 2 bolsas de formación en publicacións.
- 1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
- 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
- Unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 %, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.
Contacto:Parlamento de Galicia
Rúa do Hórreo, 63. 15701 Santiago de Compostela
Tel.: 981 551 300
Publicación:
DOG 31/12/2025
BOPG 02/01/2026
|
| XIII Convocatoria de Bolsa de Investigación e Produción Artística de Rambleta | - A convocatoria está aberta a calquera disciplina artística dentro das artes visuais, tanto individual ou colectiva, así como a proxectos de produción, investigación e comisariado, co compromiso de ser realizados ao longo do ano 2026 segundo as posibilidades de calendario de RAMBLETA e suxeito a posibles condicionantes alleos a RAMBLETA que atrasarían a súa execución.
- Poden optar á convocatoria acodes físicas, maiores de idade, de forma individual ou colectiva de calquera nacionalidade. A dotación económica é fixa e non contempla unha partida orzamentaria destinada a viaxe e aloxamento...
|
Data: Data de inscriciónDende o 15/12/2025 ata o 15/02/2026 | 6.000€ | Contacto:A Rambleta Bulevar Sur, esq. Carrer Pío IX. 46017- València tel: 960 011 511 e-correo: arte@larambleta.com instagram.com/rambleta www.facebook.com/larambleta |
| Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2026/2027 | Solicitantes dun lectorado vacante ou novo: - Nacionalidade española.
- Maior de idade.
- Posuír algún dos títulos que se relacionan a continuación e estea inscrito no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT):
- 1. Doutor, Licenciado, Máster Universitario ou Grao na rama de coñecemento de Artes e Humanidades, correspondente a algunha destas disciplinas: Español, Filoloxía, Literatura, Linguas, Humanidades (referido ao título, non á rama de coñecemento), Tradución, Interpretación de Linguas ou Lingüística.
- 2. Doutor, Licenciado, Máster Universitario ou Grao nalgunha das disciplinas das ramas de coñecemento de Arte e Humanidades (distintas das citadas no apartado anterior) ou Ciencias Sociais e Xurídicas. Ademais, deberá posuír formación específica no ensino do español como lingua estranxeira cursada en institucións españolas e acreditada por algunha das seguintes titulacións como mínimo: Diploma de Acreditación Docente do Instituto Cervantes (DADIC Autónomo puntuación mínima 55 puntos), Máster Título Propio en Ensino do Español como Lingua Estranxeira (ELE), Diploma Universitario ELE cun mínimo de 30 créditos ECTS, Experto en ELE cun mínimo de 200 horas, Especialista ELE cun mínimo de 200 horas.
- 3. Máster universitario en ensino do español como lingua estranxeira.
- Formación específica na didáctica do español.
- Experiencia docente do idioma español, e/ou de Literatura en español.
- Coñecementos do idioma oficial do país solicitado, ou doutro habitualmente aceptado nel como de comunicación universitaria
- Idade, non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado solicitado.
|
Data: Data de inscriciónDende o 13/01/2026 ata o 30/01/2026 | As axudas consisten en: dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino; unha axuda complementaria de incorporación presencial de acordo co país de destino; ata 250 € para a adquisición de material didáctico para o ensino do español; ata 250 € de axuda para formación e bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa. | Destinos: Angola, Benín, Cabo Verde, Camerún, Costa do Marfil, Gabón, Ghana, Guinea, Guinea Ecuatorial, Malí, Mozambique, Namibia, Nixeria, República de Sudáfrica, Senegal, Zimbabwe, Arqelia, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Xordania, Líbano, Marrocos, Mauritania, Omán, Palestina, Tunez, Antigua e Barbuda, Barbados, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Güiana, Xamaica, Santa Lucía, Trinidad e Tobago, Australia, China, Filipinas, India, Indonesia, Malaisia, Nova Zelandia, Paquistán, República de Corea, Singapura, Sri Lanka, Tailandia, Vietnam, Albania, Acerbaixán, Armenia, Bélxica, Bosnia e Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Estonia, Xeorxia, Hungría, Irlanda, Italia, Kazajstán, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Moldavia, Polonia, Reino Unido, República Checa, República Eslovaca, Romanía, Serbia, Turquia, Ucraína e Usbequistán. Contacto:AECID Avenida Reyes Católicos 4. 28040 Madrid Tel. 900 20 30 54 Correo electrónico: lectorados@aecid.es Publicación: BOE 27/12/2025 Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 877514 |
| Axudas á Investigación sobre a arte dos Monicreques | As Axudas poden ser: - - Para gastos de desprazamento, aloxamento e manutención, cando a realización dun traballo de investigación ou de apoio á investigación requira o desprazamento do investigador/a fóra da cidade do seu domicilio habitual.
- - Para gastos de reprodución (dixital ou fotocopia) de documentos que poidan ser relevantes para o proceso de investigación, tanto en arquivos públicos como privados ou persoais. Requirirase xustificante do custo da reprodución...
|
Data: Data de inscrición Ata o 31/01/2026 | 1.500€ | Contacto:UNIMA Rúa Sagasta, 12, Esc. B, 3º D. 28004- Madrid tel: 91 081 0361 e-correo: secretaria@unima.es |
| Axudas de mobilidade para o alumnado das universidades do SUG que participa en Erasmus Estudos |
- Estar matriculado no curso 2025/26 en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
- Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos no curso 2025/26, en países que teñen a condición de países do programa, con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
- Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
- Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do cal é nacional. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.
|
Data: Data de inscrición Ata o 02/02/2026 | As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:
- De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia.
- De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal.
- De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3: Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia, Turquía.
| Contacto:Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Secretaría Xeral de Universidades
Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 544 430
Dúbidas relacionadas coa convocatoria: orientacion.sug@edu.xunta.es
Dúbidas ou dificultades técnicas na obtención dos formularios: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal
Publicación: DOG 02/01/2026
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED417A
|
| Bolsas de formación en sistemas informáticos, centros universitarios, unidades e áreas e centros de investigación no curso 2025/2026 - 2ª convocatoria da UVigo |
- Posuír nacionalidade española, nacionalidade comunitaria acreditando a residencia continuada, ou extracomunitaria acreditando a residencia legal en España no prazo de presentación de solicitudes (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
- Estar matriculado en centros propios no curso 2025/2026, durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus no que se opta á bolsa.
- No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula...
|
Data: Data de inscrición Ata o 30/01/2026 | A contía bruta será como máximo de:
- 400 €/mes para a bolsa 15 horas/semanais
- 265 €/mes para a bolsa 10 horas/semanais
| Contacto:Universidade de Vigo
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria - As Lagoas, Marcosende (36310 - Vigo)
tel: 986 814 094
e-correo: bolsasformacion@uvigo.es
|
| Bolsas Finestres de Ensaio | - Para participar neste proceso de selección, os/as autores/as deberán ser maiores de 18 anos no momento de concesión da bolsa.
- As propostas deberán ser orixinais e escritas en lingua española. Non poderán estar suxeitas a ningún contrato de edición nin publicarse na súa totalidade anteriormente, en ningún tipo de formato.
- Non se aceptarán proxectos que conduzan a unha titulación académica oficial (TFM, TFG, teses doutorais)...
|
Data: Data de inscrición Ata o 30/01/2026 | O importe total de cada bolsa será de 25.000€ brutos. | Contacto:Fundació Finestres e-correo: assaig@fundaciofinestres.com |
| Dalí Fellowship Programme | - Bolsas destinadas á elaboración de proxectos de investigación preferentemente nos seguintes ámbitos temáticos: - Dalí, a arquitectura e a escenografía. - Dalí performativo. - Dalí e a ciencia. - Dalí e a cultura material. - Dalí e a moda. - Ecos de Dalí na arte contemporánea.
- Posuír un Grao Universitario.
- As candidaturas e os proxectos de investigación das persoas beneficiarias deberán ser presentadas en catalán, español ou inglés.
- A bolsa solicitada deberá ser a fonte de financiamento principal e preferentemente única do proxecto presentado a esta convocatoria...
|
Data: Data de inscrición Ata o 25/01/2026 | 18.000€... | Contacto:Fundación Gala-Salvador Dalí Torre Galatea. Carrer Poxada do Castell, 28 - 17600 Figueres (Xirona) tel: 972 677 500 e-correo: fellowships@fundaciodali.org |
| Bolsa beVisioneers | Persoas entre 16 e 28 anos que queiran abordar un problema ambiental e residan nun dos países participantes (e que residirán nun deles durante toda a duración da bolsa). Bo dominio oral e escrito do inglés. Non necesitas experiencia previa en emprendimiento.
|
Data: Data de inscrición Ata o 25/01/2026 | Concederanse subvencións aos proxectos que demostren o maior potencial de impacto ambiental: - Fase intensiva de 12 meses, que require un compromiso mínimo de 24 horas ao mes, e proporciónache as habilidades, recursos e conexións para converter unha idea ambiental en realidade. Recibirás formación en innovación recoñecida internacionalmente a través de módulos en liña, encontros locais nos Local Hubs, un Cume Rexional, acceso regular a coaches de emprendimiento, mentoría 1:1, e apoio de persoas expertas e pares para axudarche a alcanzar os teus obxectivos de liderado ambiental e de proxecto.
- Ao finalizar o primeiro ano, poderás acceder a bolsas para proxectos de ata €20.000 para impulsar o desenvolvemento da túa iniciativa.
| Contacto:beVisioneers admissions@bevisioneers.world |
| 59 bolsas para deportistas da provincia de deportes olímpicos para o ano 2026 |
- Grupos de idade dos/as deportistas (anos cumpridos a 31 de decembro de 2026):
- Grupo A.- 12-17 anos: persoas deportistas nacidas entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014 (ambos incluídos).
- Grupo B.- 18-23 anos: persoas deportistas nacidas entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2008 (ambos incluídos).
- Grupo C.- 24-32 anos: persoas deportistas nacidas entre o 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 2001 (ambos incluídos).
- Grupo D: 33 anos ou máis: persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1993 (incluído).
- Para os grupos de idade A, B, C: practicar algún deporte de carácter individual (en calquera das súas modalidades), incluído no programa oficial dos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Los Ángeles 2028.
- Para o grupo de idade D: practicar algún deporte de carácter individual (en calquera das súas modalidades) incluído no programa oficial dos Xogos Paralímpicos de Los Ángeles 2028.
- Ten a consideración de deporte de "carácter individual" todo aquel deporte que, segundo a súa regulamentación, é practicado por un ou por dous deportistas como máximo.
- Só se poderá solicitar bolsa para un único deporte.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, cunha antigüidade ininterrompida de dous anos,
- Dispoñer de licenza deportiva vixente na data de publicación no BOP das bases da convocatoria .
- Acreditar o nivel deportivo no deporte practicado e ter proxección nas previsións de futuro.
- As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL.
|
Data: Data de inscriciónDende o 12/01/2026 ata o 12/02/2026 | 3.500,00 €
| 59 bolsas distribuídas en catro grupos de idade:
- Grupo A.- Concederanse 20 bolsas
- Grupo B.- Concederanse 20 bolsas
- Grupo C.- Concederanse 15 bolsas
- Grupo D. - Concederanse 4 bolsas
Contacto:Deputación Provincial da Coruña
Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña
Tel. 981 415 319
Publicación: BOP 26/12/2025
|
| 4 bolsas para deportistas da provincia de deportes non olímpicos |
- Practicar algún deporte de carácter individual non incluído no programa oficial dos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de los Ángeles 2028.
- O deporte practicado deberá contar con Federación Autonómica Galega e contar cun mínimo de 100 licenzas na Federación Autonómica Galega.
- Ten a consideración de deporte de "carácter individual" todo aquel deporte que, segundo a súa regulamentación, é practicado por un ou por dous deportistas como máximo.
- Grupos de idade dos/as deportistas (anos cumpridos a 31 de decembro de 2026) :
- Grupo A.- 12-17 anos: persoas deportistas nacidas entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014 (ambos incluídos).
- Grupo B.- 18-23 anos: persoas deportistas nacidas entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2008 (ambos incluídos).
- Grupo C.- 24-32 anos: persoas deportistas nacidas entre o 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 2001 (ambos incluídos).
- Grupo D.- 33 anos ou máis: persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1993 (incluído).
- Só se poderá solicitar bolsa para un único deporte.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, cunha antigüidade ininterrompida de dous anos,
- Dispoñer de licenza deportiva vixente na data de publicación no BOP das bases da convocatoria .
- Acreditar o nivel deportivo no deporte practicado e ter proxección nas previsións de futuro.
- Pertenza da persoa deportista a un club da provincia da Coruña, cunha antigüidade mínima ininterrompida, polo menos, dende o 1 de xaneiro do 2022.
- As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL
|
Data: Data de inscriciónDende o 12/01/2026 ata o 12/02/2026 | 3.500 euros/bolsa.
| Contacto:Deputación Provincial da Coruña
Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña
Tel. 981 415 319
Publicación: BOP 24/12/2025
|
| 13 bolsas de formación no Instituto Galego da Vivenda e Solo |
- Ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021.
- Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
- Non ter sido con anterioridade beneficiarios/as doutra bolsa de formación do IGVS.
- Non ter un emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
- Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
|
Data: Data de inscrición Ata o 26/01/2026 | O importe de cada bolsa será de 1.200 euros brutos ao mes.
| Prazas que se convocan:
- Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
- Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
- Seis bolsas para persoas con grao en Dereito.
- Unha bolsa para persoas con grao en Economía.
As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de mañá, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:
- Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS da Coruña
- Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS de Lugo
- Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS de Pontevedra.
- Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na Área Provincial do IGVS de Ourense.
- As demais bolsas levaranse a cabo nos servizos centrais do IGVS, en Santiago de Compostela.
Contacto:Instituto Galego da Vivenda e Solo
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento VI440D
Publicación: DOG 26/12/2025
|
| Axudas ao estudo da UVigo, 2025/2026 |
- Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da UE, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente en España a 31 de decembro de 2024 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos)
- Estar matriculado/a no curso 2025/2026 na Universidade de Vigo en titulacións oficiais de Grao e Máster Universitario en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).
- Estar matriculado nun mínimo de 42 créditos, agás no caso de alumnado con discapacidade de grao igual ou superior ao 65% que poderá reducir a carga lectiva ata un máximo do 50%.
- O alumnado que continúe estudos oficiais de Grao ou Máster deberá ter superado no curso anterior ou no último realizado na universidade:
- - 55% dos créditos matriculados nas titulacións de Grao da rama de Enxeñaría e Ciencias.
- - 60% dos créditos matriculados nas titulacións de Grao da rama de Ciencias da Saúde
- - 70% dos créditos matriculados no resto das titulacións de Grao.
- - 80% dos créditos matriculados nas titulacións de Máster Universitario da rama de Enxeñaría e Ciencias.
- - 90% dos créditos matriculados no resto das titulacións de Máster Universitario.
- Excepcionalmente, admitiranse solicitudes que teñan un menor número de créditos superados sempre que se xustifique adecuadamente o motivo (enfermidade, coidado de familiares dependentes enfermos...) e sexa así considerado pola comisión de selección.
- Non superar o número máximo permitido de bolsas de axudas ao estudo concedidas en cursos anteriores:
- - 6 bolsas concedidas para alumnado de Grao da Rama de Enxeñaría,
- - 5 bolsas concedidas para alumnado do resto de estudos de Grao
- - os anos dos que conste o plan de estudos nos estudos de Máster Universitario
- Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dunha titulación do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que se solicita a axuda.
- Cumplir cos requisitos económicos establecidos nas bases da convocatoria
|
Data: Data de inscrición Ata o 30/01/2026 | A contía individual máxima é a suma de:
a) O importe dos prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas en primeira matrícula unha vez realizadas as exencións e bonificacións do pagamento dos prezos ás que teña dereito a persoa beneficiaria.
b) Contía de residencia: ata 1.000 € de acordo co seguinte criterio:
- a) O importe dos prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas en primeira matrícula unha vez realizadas as exencións e bonificacións do pagamento dos prezos ás que teña dereito a persoa beneficiaria.
- b) Contía de residencia: ata 1000 € no caso de acreditar a necesidade de residir fora do domicilio familiar
- c) Contía ligada á renda: ata 1000 € cando a renda familiar sexa inferior a os umbrais establecidos nas bases da convocatoria
| Esta axuda é incompatible con calquera outra axuda concedida para a mesma finalidade, en concreto é incompatible coa bolsa de carácter xeral convocada polo MEFP (Ministerio de Educación e Formación Profesional)
Contacto:Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo
Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende (36310 - Vigo)
Tel.: 986 813 611
correo-e: bolsas@uvigo.es
Publicación: DOG 29/12/2025
|
| Plan VEXO: axudas a mozas ata 16 anos para lentes ou lentes de contacto | - Ter cumpridos 16 anos ou menos no momento de acceder ao Plan Vexo.
- Ter dereito á asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos por parte do Sistema Nacional de Saúde. Este requisito poderase acreditar facilitando o código CIPA, o cal figura no cartón sanitario ou no documento certificativo para recibir asistencia sanitaria expedido pola comunidade autónoma.
- Ter un problema de refracción diagnosticado susceptible de ser corrixido mediante un sistema de axuda visual incluído no Plan Vexo:
- - a prescrición do problema de refracción deberá conter a identificación do profesional sanitario ou do servizo de oftalmoloxía ou de óptica-optometría que prescriba o sistema de axuda visual, o nome do centro sanitario e a data de validez da prescrición
- - para as persoas beneficiarias que acceden por 1ª vez ao Plan Vexo, a prescrición deberá ser emitida por:
- a) se teñen 5 anos de idade ou menos:
- servizo de oftalmoloxía do Sistema Nacional de Saúde, tras derivación desde Atención Primaria
- servizo de oftalmoloxía do sistema sanitario privado
- b) se teñen 6 anos de idade ou máis:
- servizo de oftalmoloxía do Sistema Nacional de Saúde, tras derivación desde Atención Primaria
- servizo de oftalmoloxía do sistema sanitario privado
- polo propio profesional sanitario óptico-optometrista dun establecemento sanitario de óptica participante no Plan Vexo
- - para que as persoas beneficiarias poidan acceder por 2ª vez ao Plan Vexo é obrigatorio que pasasen 365 días desde a primeira vez que se adquiriron os sistemas de axuda visual a través do Plan Vexo
|
Data: Data de inscrición Ata o 31/12/2026 | As axudas concedidas terán un importe máximo de 100 € (IVE incluído) por persoa beneficiaria. Esta axuda concederase por unha soa vez durante o período dun ano (365 días) a cada persoa beneficiaria: - -se o custo do produto é igual ou inferior a 100 €, non será necesario pagar nada.
- - se o custo é superior a 100 €, deberase abonar a diferenza na propia óptica.
| O Plan Vexo financia a adquisición dos seguintes sistemas de axuda visual: - Montura básica con lentes graduadas orgánicas con antirreflejante.
- Lentes graduadas orgánicas con antirreflejante (para aquelas situacións nas que soamente se desexe cambiar as lentes das lentes.
- Lentes de contacto e a solución líquida necesaria para o seu mantemento, ambas as nunha contía suficiente para o seu uso durante un ano.
SOLICITUDES: - A solicitude da axuda realizarase unicamente de forma presencial nun establecemento de óptica participante no Plan Vexo: a óptica encargarase de tramitar a axuda co Ministerio de Sanidade (consultar o mapa de de ópticas adheridas en https://planveo.cgcoo.es/buscador )
- A persoa beneficiaria (persoa menor de idade) deberá acudir a unha óptica co seu pai, nai ou titor legal, que será a persoa responsable da solicitude.
Contacto:Ministerio de Sanidade Paseo do Prado, 18-20 (28014 - Madrid) Tel.: 91 596 10 00 correo-e: planveo@sanidad.gob.es Publicación: BOE 09/10/2025 (normas reguladoras) |
| Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña para 2026 |
- Poden inscribirse nos programas ESCENA AO VIVO!, VISIÓNS E LINGUA A ESCENA! da Rede Cultural da Deputación da Coruña todos os artistas profesionais, compañías profesionais e empresas de distribución de espectáculos con domicilio fiscal en calquera concello da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que as actuacións se desenvolvan nos concellos da provincia. Cada artista ou compañía poderá inscribir un máximo de 5 espectáculos para cada Programa, agás o PROGRAMA VISIÓNS!, no que cada empresa do ámbito audiovisual poderá inscribir un máximo de 15 propostas audiovisuais.
- Poderán participar do programa ALICERCE da Rede Cultural da Deputación da Coruña todas as compañías, grupos e artistas non profesionais con domicilio fiscal na provincia da Coruña. Cada artista ou compañía poderá inscribir un máximo de 4 espectáculos e os/as participantes neste programa deberán realizar as actuacións fóra do termo municipal en que estean radicados.
|
Data: Data de inscrición Ata o 29/01/2026 | Límite máximo de achega orzamentaria da Deputación:
- Concellos de menos de 2.500 habitantes : 10.000 €
- Concellos de 2.501 a 5.000 habitantes: 14.000 €
- Concellos de 5.001 a 10.000 habitantes: 18.000 €
- Concellos de 10.001 a 20.000 habitantes: 22.000 €
- Concellos de máis de 20.001 habitantes: 26.000 €
No programa ALICERCE, ademais dos concellos, poderán solicitar propostas artísticas non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. Nestes casos a porcentaxe de cofinanciamento poderá variar entre o 70% e o 50% de achega da Deputación, con un límite máximo de 15.000 €.
| PROGRAMAS:
|
ESCENA AO VIVO! Categoría profesional
|
Programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos
|
|
VISIÓNS! Categoría profesional
|
Programa de cinema e contidos audiovisuais para concellos
|
|
ALICERCE Categoría non profesional
|
Programa de grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos e entidades
|
|
LINGUA A ESCENA! Categoría profesional
|
Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos.
|
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: artistas, grupos e compañías inscribiranse telematicamente no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL https://sede.dacoruna.gal/subtel do 8 ao 29 de xaneiro de 2026 ata as 14.00 h.
Contacto:Diputación Provincial da Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2 (15003 - A Coruña)
Tel. 981 080 300
correo-e: cultura@dacoruna.gal
Publicación: BOP 19/12/2025
|
| Prácticas na FAO | - Nacionais de países membros da FAO.
- Estudantes matriculados/as nun programa de grao ou recentemente graduadas/vos (de entre 21 e 30 anos).
- Coñecemento práctico de polo menos una das linguas oficiais da FAO (inglés, francés, español, árabe, chinés, ruso).
- Sólidas habilidades de comunicación e coñecementos básicos de informática...
|
Data: Data de inscrición Ata o 15/02/2026 | estipendio en moeda local que non excederá os US$ 700 mensuais. | Contacto:Sede da FAO Viale delle Terme dei Caracalla. 00153- Roma, Italia tel: (+39) 06 57051 e-correo: FAO-Hq@fao.org |
| 28 bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña |
- Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
- No caso de que se solicite a bolsa para estudos universitarios, non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo ou superior nivel á dos estudos para os que se solicita a bolsa.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado ou volante de empadroamento cunha antigüidade ininterrompida mínima dun ano.
- Acreditar formación previa na área de estudos para a que se solicita a bolsa.
- As persoas solicitantes que xa fosen titulares de bolsa en tres convocatorias anteriores estarán excluídas de participar nesta.
- As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL. Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa.
|
Data: Data de inscriciónDende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026 | 10.000 euros cada bolsa.
| Áreas:
- Área de audiovisual: 3 bolsas
- Área de danza e artes do movemento: 3 bolsas
- Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 4 bolsas
- Área de música: 15 bolsas
- Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas
Contacto:Deputación Provincial da Coruña
Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña
Tel. 981 415 319
Publicación: BOP 19/12/2025 (bases)
|
| 20 bolsas de investigación da Deputación da Coruña |
- Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
- Posuír titulación universitaria (licenciatura, diplomatura, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado ou volante de empadroamento cunha antigüidade ininterrompida mínima dun ano
- As persoas solicitantes que xa fosen titulares de bolsa en tres convocatorias anteriores estarán excluídas de participar nesta.
- As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL. Cada persoa poderá presentar unha única solicitude.
|
Data: Data de inscriciónDende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026 | 10.000 € cada bolsa.
| Áreas:
- Área de artes e humanidades: 5 bolsas
- Área de ciencias: 4 bolsas
- Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
- Área de ciencias sociais, xurídicas e estudos de xénero: 5 bolsas
- Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
Contacto:Deputación Provincial da Coruña
Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña
Tel. 981 415 319
Publicación: BOP 19/12/2025 (bases)
|
| Residencias Artísticas Mariñán 2026 |
- para as RESI-MU - Música:
- dirixidas a bandas ou artistas solistas maiores de 18 anos que teñan a súa residencia en Galicia (no caso dos grupos deberán tela, polo menos, un terzo dos seus compoñentes), e que non obtivesen unha residencia Mariñán de música anteriormente.
- nas propostas presentadas:
- - a autoría da letra e a música debe ser da persoa solista ou dos membros da banda que a presenten
- - poderán ser de calquera estilo musical e deberán estar compostas de repertorio propio, excluíndose versións, exceptuando as baseadas na música tradicional ou clásica.
- para as 2 RESI-LP - Literatura e pensamento:
- a) modalidade literatura: dirixida a maiores de 18 anos que teñan a súa residencia en Galicia e desenvolvan o seu proxecto literario en lingua galega, en calquera das súas expresións: narrativa, ensaio, poesía, teatro, guión cinematográfico, banda deseñada, xéneros híbridos..., e que non obtivesen unha residencia Mariñán de literatura e pensamento na convocatoria anterior.
- b) modalidade pensamento: diirixida a maiores de 18 anos que teñan a súa residencia en Galicia que investiguen calquera ámbito de coñecemento: filosofía, antropoloxía, historia, arte, economía, dereito, política, sociedade..., e que non obtivesen unha residencia Mariñán de literatura e pensamento na convocatoria anterior
- para as RESI-RS - Creación de contidos socioculturais en redes sociais:
- dirixidas a persoas ou grupo de persoas creadoras de contidos maiores de 18 anos que contan con perfís de carácter cultural en redes sociais, cuxo proxecto conte cunha traxectoria inferior a 2 anos e que teñan a súa residencia en Galicia (no caso de equipos ou proxectos multipersoais deberán tela, polo menos, un terzo das persoas compoñentes).
- as propostas presentadas poderán ser proxectos en calquera das redes sociais en funcionamento e con calquera tipo de formato (fotográfico, audiovisual, podcast, textual etc), deberán ter unha/s temática/s relacionadas co ámbito da cultura e estarán creadas con materiais propios (audiovisual, textual etc),
- En todos os proxectos presentados a lingua galega deberá ser a lingua principal do seu contido e non se admitirán proxectos con contidos machistas, homófobos, tránsfobos, racistas ou que atenten contra a liberdade e a dignidade das persoas.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña (SUBTEL).
|
Data: Data de inscrición Ata o 16/02/2026 |
- Para todas as residencias artísticas:
- - espazo de traballo no Pazo de Mariñán, con varias estancias de diferentes características adaptadas ás necesidades da creación e a formación. As salas non contan con equipamento técnico, pero si con conexión eléctrica, conexión a internet e mobiliario básico.
- - aloxamento en habitación de uso individual con espazo de traballo propio, en réxime de pensión completa no Pazo de Mariñán durante os días da residencia.
- - acompañamento e seguimento da proposta por parte do comisario das residencias durante a estancia no Pazo de Mariñán, co fin de facilitar a viabilidade do proxecto.
- Para as RESI-MU - Música: a residencia inclúe tamén o custo das necesidades técnicas da creación, que en ningún caso poderá superar os 5.000 € por proxecto.
- Para as RESI-RS - Creación de contidos socioculturais en redes sociais: a residencia inclúe tamén o custo das necesidades técnicas da creación, que en ningún caso poderá superar os 500 € por proxecto.
| As residencias desenvolveranse coa seguinte duración segundo a área:
- RESI-MU - Música (4 proxectos): 6 días entre o 13 e o 24 de abril (establécense 2 quendas, 2 proxectos por quenda, unha do 13 ao 18 de abril e outra do 19 ao 24 de abril)
- RESI-LP - Literatura e pensamento (4 proxectos): 12 días, entre o 13 e o 24 de abril.
- RESI-RS - Creación de contidos socioculturais en redes sociais (8 proxectos): 6 días entre o 13 e o 24 de abril (establécense 2 quendas, 4 proxectos por quenda, unha do 13 ao 18 de abril e outra do 19 ao 24 de abril)
Contacto:Deputación Provincial da Coruña
Avenida Porto da Coruña 2 (15003 - A Coruña)
Tel.: 981 080 300
correo-e: cultura@dacoruna.gal
Publicación:
BOP 10/12/2025
BOP 19/12/2025 (corrección de erros)
|
| XX Convocatoria Bolsas Fundación A.M.A. | - Cumprimentar o formulario de participación a través da web www.amaseguros.com/fundacion-ama/bolsas
- Ter a condición de mutualistas ou asegurado de A.M.A. ou familiar en primeiro grao dun deles, debendo selo, en todo caso, antes da adxudicación da bolsa, subscribindo un seguro con A.M.A. antes de devandito momento.
- Ser licenciados/graduados en medicamento, farmacia, enfermería, psicoloxía, química, bioloxía, física, veterinaria e fisioterapia así como estudantes de último ano que prevexan finalizar os seus estudos con anterioridade á data do sorteo (19 de febreiro de 2026) e non fosen beneficiarios destas bolsas en edicións anteriores.
|
Data: Data de inscrición Ata o 17/02/2026 | Os límites máximos por bolsa concedida asignados a cada titulación serán: - - Cursos-Preparación MIR: máximo 3.000 €
- - Cursos-Preparación FIR: máximo 2.000 €
- - Cursos-Preparación EIR: máximo 1.600 €
- - Cursos-Preparación PIR-QIR-BIR-RFIR: máximo 1.000 €
- - Estudos de licenciados/graduados en Veterinaria e Fisioterapia: máximo 1.000 €
| A promoción ten como finalidade a concesión de 137 bolsas para axudar a sufragar os gastos de docencia de: a) Novos profesionais sanitarios para a preparación en centros docentes nacionais das súas respectivas especialidades impartida durante os anos 2024/2025/2026 que sirvan para preparar os exames dos anos 2026 ou 2027, coa seguinte distribución: - 50 bolsas para os cursos de preparación ao exame de Médico Interno Residente (MIR)
- 15 bolsas para os cursos de preparación ao exame de Farmacéutico Interno Residente (FIR)
- 20 bolsas para os cursos de preparación ao exame de Enfermeiro Interno Residente (EIR)
- 10 bolsas para os cursos de preparación ao exame de Psicólogo Interno Residente
- 6 bolsas para os cursos de preparación ao exame de Químico Interno Residente (QIR)
- 6 bolsas para os cursos de preparación ao exame de Biólogo Interno Residente (BIR)
- 6 bolsas para os cursos de preparación ao exame de Radiofísico ou Físico Interno Residente (RFIR)
b) Licenciados/graduados universitarios en Veterinaria e Fisioterapia para os estudos relacionados coa súa titulación para a preparación de oposicións, master, doutoramentos e cursos de posgrao ou análogos a estes últimos, impartidos en centros docentes nacionais ou autonómicos durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, , coa seguinte distribución: - 12 bolsas para licenciados/graduados universitarios en Veterinaria
- 12 bolsas para licenciados/ graduados universitarios en Fisioterapia
Contacto:Fundación A.M.A. Vía dos Poboados 3, Edificio 4-Parque Empresarial Cristalia (28033 - Madrid) correo-e: fundación@fundacionama.es www.amaseguros.com |
| Axudas da UDC para estudantado en situacións de dificultades económicas, curso 2025/26 |
- Estudantado matriculado nun centro propio da UDC en estudos oficiais de grao ou máster, que manteña a matrícula durante todo o curso 2025/26.
- Estar nunha situación de dificultade económica debidamente acreditada que lle impida ao estudante a continuación dos seus estudos. Entenderase que o alumnado está nunha situación de dificultade económica cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
- Que os sustentadores principais estean en situación de desemprego, con ou sen prestación, ou outras circunstancias que supoñan unha redución importante dos seus ingresos
- Que os ingresos da unidade familiar procedan de rendas de inclusión, subsidios ou outros
- Falecemento dalgún dos proxenitores ou sustentadores principais da unidade familiar
- Problemas de saúde do pai, nai, ou sustentadores principais que limiten ou dificulten a súa inserción no mundo laboral ou doutros membros da unidade familiar que supoñan gastos adicionais
- Fogares monoparentais nos que se incumpra a pensión alimenticia
- Outras situacións que poidan condicionar a situación persoal e socioeconómica da unidade familiar do alumnado.
- Non dispor doutras axudas públicas ou privadas destinadas a esta mesma finalidade ou non cumprir os requisitos para obtelas.
- Non dispor da bonificación equivalente ao 99% do prezo dos créditos superados no curso 24/25, establecida pola Xunta de Galicia
- Non dispor dunha titulación de igual ou superior nivel á que está cursando e para a que se solicita a axuda.
- Non superar os limiares de renda familiar establecidos no RD 163/2025, do 5 de marzo de 2025, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar para o curso 2025/26
|
Data: Data de inscrición Ata o 02/03/2026 | A contía da axuda ten a finalidade de sufragar os prezos públicos da matrícula, non podendo superar os mil euros (1.000 €), agás casos excepcionais.
| SOLICITUDES: tramitaranse a través do formulario dispoñible na web www.udc.es/sape/bolsas_axudas_premios/axudas_dificultades_economicas (admitirase unha única solicitude por persoa)
Contacto:Sección de Bolsas da UDC
Pavillón de Estudantes - Campus de Elviña (15071 - A Coruña)
Tel.: 981 167 000
correo-e: bolsas@udc.gal (indicando no asunto "Dificultades económicas")
|
| Bolsas de doutoramento INPhINIT Convocatoria Retaining 2026 | Fundación "a Caixa" | - Experiencia: as personas candidatas non poden realizar máis de catro anos de actividade investigadora antes do peche da convocatoria.
- Estudos cursados: no momento da contratación, acódelas candidatas deben finalizar os estudos que permiten matricularse a un programa oficial de doutoramento en España/Portugal. A verificación do nivel de estudos requirido, realizaraa a universidade de destino cando se inicie o procedemento de admisión.
- Mobilidade: as personas candidatas teñen que residir ou levar a cabo a súa actividade principal (traballo, estudos, etc.) en España/Portugal durante máis de doce meses nos tres anos inmediatamente anteriores á data de peche da convocatoria.
- Nivel de inglés: os candidatos deben acreditar o nivel de inglés requirido mediante a presentación dun dos certificados que se especifican nas bases da convocatoria...
|
Data: Data de inscrición Ata o 18/02/2026 | - Dotación económica para cubrir custos laborais, de investigación e de matrícula ao doutoramento.
- Programa de formación presencial en habilidades transversais.
| Contacto:Fundación "la Caixa" e-correo: becas@contact.fundacionlacaixa.org Publicación: BOE 09/12/2025 |
| Bolsas de Excelencia de Fundación hna para estudos de posgrao en arquitectura, arquitectura técnica e química | - Ter a nacionalidade española ou permiso de residencia en España.
- Non cumprir 35 anos no momento de presentar a solicitude.
- Estar en posesión do título grao en arquitectura, arquitectura técnica (ou grao de diferente denominación pero mesmo efecto profesional) ou nunha titulación universitaria fundamentada na ciencia e tecnoloxía químicas expedido por unha universidade española, ou poder acreditalo.
- Coñecemento pleno do idioma en que vaian desenvolverse os estudos de posgrao, en caso de ser distinto ao español, acreditable documentalmente cun título oficial.
- Ter un expediente académico excelente e unha nota media no grao de polo menos 8, (para un sistema de puntuación do 1 ao 10)...
|
Data: Data de inscrición Ata o 30/01/2026 | A contía da axuda poderá ascender ata un máximo de 10.000 euros. | Contacto:Fundación hna Avenida de Burgos, 17. 28036- Madrid tel.: 913 343 399 e-correo: fundacion@hna.es www.instagram.com/fundacionhna www.linkedin.com/company/fundacion-hna www.facebook.com/fundacionhna |
| Axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía |
- Poderán ser beneficiarias as persoas físicas que acrediten a adopción dun animal doméstico de compañía abandonado que proveña dalgún dos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Entenderase que un animal foi adoptado por unha persoa cando, rematado o proceso de identificación e inscrición no Regiac, conste como persoa titular do animal no citado rexistro.
- As persoas beneficiarias deberán comprometerse a non realizar a transmisión do animal a outra persoa distinta durante toda a vida do animal, agás nos supostos de falecemento da persoa titular do animal adoptado, imposibilidade para continuar coa súa atención e coidado por motivos de enfermidade, incapacidade sobrevida ou de vulnerabilidade económica debidamente xustificados mediante certificado de defunción, informe médico ou dos servizos sociais.
- No suposto de que o animal adoptado teña a consideración de animal potencialmente perigoso, a persoa beneficiaria deberá contar coa licenza municipal para a tenza e custodia deste tipo de animais.
- Tanto respecto ás persoas beneficiarias como respecto ao animal obxecto de adopción, cumprir coas obrigas e requisitos establecidos na Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
|
Data: Data de inscrición Ata o 11/09/2026 |
- O importe máximo da axuda será de 150 €/animal da especie canina adoptado e de 125 €/animal da especie felina adoptado.
- O número máximo de animais polos cales se poderá percibir a axuda será dun máximo de 2 animais por persoa.
| Contacto:Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
San Lázaro, s/n (15781 - Santiago de Compostela)
Tel.: 981 541 715 - 981 546 096 - 981 547 213
correo-e: animaisdomesticos.medioambiente@xunta.gal
Publicación: DOG 03/12/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento MT811C
|
| Tarxeta Xente Nova 2026 |
- Persoas con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos, ambas incluidas.
- Tramitación: solicitar cita (a través da aplicación https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn) nunha oficina Abanca e, unha vez alí, presentar o DNI/NIE. Para os menores de idade, deberá solicitala a/o representante legal que, xunto cos DNIs, terá que levar o libro de familia ou documentos equivalentes.
|
Data: Data de inscrición Ata o 31/12/2026 | A tarifa Xente Nova supón o reintegro do 100% do importe das viaxes interurbanas, até un máximo de 60 viaxes mensuais.
| Contacto:- Dirección Xeral de Mobilidade
Tel.: 981 544 581
correo-e: mobilidade.cim@xunta.gal
- Transporte Público de Galicia
Tel. 988 687 800
correo-e: tmg@xunta.gal
Publicación:
|
| Programa de residencias artísticas "Bolsas Bogliasco" | - Persoas de calquera idade e nacionalidade que que realicen traballos creativos e académicos nas seguintes disciplinas artísticas: Artes Visuais - Arqueoloxía - Arquitectura - Arquitectura - Paisaxística - Danza - Estudos Clásicos - Filme/Vídeo - Filosofía - Historia - Literatura -Música - Teatro.
- Presentar xunto co formulario de solicitude a siguinte documentación:
- 2 cartas de referencia ou recomendación
- Un curriculum vitae de 3 páxinas máximo
- Unha descrición do proxecto que se desexa desenvolver durante a residencia, en inglés dunha páxina máximo
- 3 mostras de traballo do/a solicitante, publicados, representados, expostos ou publicamente presentados nos últimos 5 anos
- Unha cota de solicitude de $30 ou $45
- Coñecemento, como mínimo, de nivel de inglés conversacional...
|
Data: | As bolsas inclúen pensión completa e aloxamento durante o mes da residencia. Non inclúen gastos de viaxe, gastos persoais, ... | Contacto:Fondazione Bogliasco Via Aurelia, 4 (16031 Bogliasco, Genova). Italia Tel.: 0039 010 347 0049 correo-e: info@bfge.org |
| Subvencións a entidades da provincia no ámbito do deporte |
- Entidades privadas sen fins de lucro, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña que cumpran os requisitos da convocatoria.
- Tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
|
Data: Data de inscrición Dende o 15/11/2025 | |
- Programa FO103A/2026 Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2026. Prazo ata 16/12/2025 ás 14:00h.
- Programa FO103B/2026 Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial, ou autonómico durante o ano 2026. Prazo ata 02/02/2026 ás 14:00h.
- Programa FO103C/2026 Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2026. Prazo ata 02/02/2026 ás 14:00h.
- Programa FO103D/2026 Programa de subvencións a entidades deportivas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2026. Prazo ata 02/03/2026 ás 14:00h.
- Programa FO104/2026 Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2026. Prazo ata 16/12/2025 ás 14:00h
- Programa FO104V/2026 Programa de subvencións aos clubs deportivos da provincia da Coruña que participaran en competición federada durante o ano 2025 para adquisición de vehículos de uso deportivo durante o ano 2026. Prazo ata 16/12/2025 ás 14:00h.
Contacto:Deputación Provincial da Coruña
Avenida Porto da Coruña nº2. 15003 A Coruña
Tel. 981 415 319
|
| Premios Dádoris ao Mérito e Liderado para persoas novas preuniversitarias/os | - Ter media de sobresaliente en Bacharelato e cursalo en España e acceder a estudos superiores nunha universidade española no curso 2026/2027.
- Os ingresos da familia deben estar na contorna do Limiar 1 fixado pola Administración, aproximadamente un máximo de 5.800€ de ingresos anuais por membro da unidade familiar...
|
Data: Data de inscrición Ata o 28/02/2026 | - Premio económico variable en función das necesidades da persoa solicitante, ata 9.000€/ano.
- Apoio dun/a titor/a de a Fundación para facilitar o desenvolvemento profesional: por exemplo, conseguir prácticas de verán, mellorar os idiomas, etc.
| SOLICITUDES: en liña en https://dadform.quavitam.net Contacto:Fundación Dádoris e-correo: info@fundaciondadoris.org Publicación: BOE 06/11/2025 |
| Bolsas Manuel Olivencia | - Estudantes do grao en Dereito ou dobre grao con Dereito en universidades públicas españolas.
- Nota mínima: 1º curso 7,5 na PAU. Resto de cursos 7 nun dobre grao con Dereito e 7,5 no grao de Dereito.
- Obter unha bolsa da convocatoria xeral do Ministerio de Educación
|
Data: Data de inscrición Ata o 31/01/2026 | 4.000€ brutos. | Contacto:Fundación Cuatrecasas e-correo: beca.manuelolivencia@fundacioncuatrecasas.com |
| Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, 2026 | - Ter a nacionalidade española.
- Ter vinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase unicamente nos seguintes supostos:
- - nacer en Galicia
- - ser fillo de pai e/ou nai nacidos en Galicia.
- - ser residente en Galicia durante como mínimo 2 anos consecutivos e inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
- Estar en posesión dun título universitario de carácter oficial ou atoparse en disposición legal para obtelo. Tamén poderán concorrer os solicitantes que, no curso 2025-2026, atópense realizando o último ano dos estudos universitarios (neste suposto, a concesión da bolsa quedaría condicionada á acreditación de atoparse en condicións de solicitar a expedición do título en xullo de 2026).
- Matricularse en programas conducentes á obtención dun título oficial de máster, en modalidade presencial, continua, diúrna, a tempo completo e integramente no estranxeiro.
- Iniciar os trámites de admisión no centro estudos de destino.
- Acreditar un nivel mínimo de inglés e do idioma de traballo do centro de estudos de destino, cando devandito idioma non sexa o inglés, equivalente ao B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Este requisito é obrigatorio para todas as persoas solicitantes, sen excepción.
- As que soliciten programas de Máster en Administración de Empresas (MBA) deberán acreditar a experiencia laboral mínima esixida polo centro de destino que, en ningún caso, poderá ser inferior a dous anos con dedicación exclusiva...
|
Data: Data de inscriciónDende o 15/12/2025 ata o 27/02/2026 | A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000€ por curso académico, e poderá aplicarse aos seguintes conceptos: - Matrícula no centro de estudos de destino
- Dotación inicial única de 1.000€ en concepto de viaxe
- Asignación mensual de 1.600€
| SOLICITUDES: a través da plataforma en liña https://bolsas.fundacionbarrie.org/posgrao/ CALENDARIO| Apertura da convocatoria | 15 de decembro de 2025 |
|---|
| Peche da convocatoria | 27 de febreiro de 2026 |
|---|
| Notificación resultado preselección e invitación a entrevista | 13 de abril de 2026 |
|---|
| Celebración de entrevistas | 24 e 25 de abril de 2026 |
|---|
| Notificación da resolución da convocatoria | 27 de abril de 2026 |
|---|
| Data límite para a aceptación da bolsa | 4 de maio de 2026 |
|---|
| Nomeamento de bolseiras/vos e entrega de credenciais | 12 de xuño de 2026 |
|---|
| Data límite de comezo goce da bolsa | 31 de xullo de 2027 |
|---|
Contacto:Fundación Barrié Cantón Grande, 9. 15003 - A Coruña tel: 981 221 525 e-correo: becas@fbarrie.org |
| Ingreso Mínimo Vital |
- Cumprir as condicións de vulnerabilidade económica establecidas nas bases (que a renda do fogar da persoa solicitante non chegue ao limiar de ingresos fixado para ese tipo de fogar e non superar os límites de patrimonio fixados para cada tipo de fogar, descontada a vivenda habitual)
- Ter máis de 23 anos (agás que teña algún menor ao seu cargo) e menos de 65.
- Residencia continuada e ininterrompida en España durante polo menos o ano anterior á presentación da solicitude e residencia legal no noso país no caso de cidadanía estranxeira.
- Para as persoas solicitantes que viven soas, non integradas nunha unidade de convivencia, esíxese vivir durante polo menos os tres anos previos á solicitude de forma independente das persoas proxenitoras.
|
Data: Data de inscrición Dende o 15/06/2020 | A renda garantida será de 462 €/mes para unha persoa adulta que viva soa. Nas unidades de convivencia esta cantidade incrementarase en 139 €/mes por cada persoa adicional ata un máximo de 1.015 €/mes, e para as familias monoparentais engádese un complemento de 100 €.
A duración da prestación prolongarase mentres persista a situación de vulnerabilidade económica e se manteñan os requisitos que orixinaron o dereito á súa percepción (a súa contía adaptarase no caso de aumento ou perda de ingresos laborais ou doutro tipo cos que o IMV é compatible).
| SOLICITUDES: prefiblemente a través da Sede electrónica da Seguridade Social: - con certificado electrónico ou Cl@ve
- sen certificado electrónico ou Cl@ve
MÁIS INFORMACIÓN: Contacto:Oficinas da Seguridade Social Teléfono gratuíto de información sobre IMV: 020 (de 9.00 a 14.30 h.) Publicación: BOE 01/06/2020 |