Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

POETAS DI(N) VERSOS. OUTONO 2015

POETAS DE PRIMEIRO NIVEL MUNDIAL ABREN A SÉPTIMA E NOVA TEMPADA DO CICLO POETAS DI(N)VERSOS

Cando:

Os días 14/12/2015 ás 20:30 , 26/10/2015 ás 20:30 , 02/11/2015 ás 20:30

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre, ata completar capacidade

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos. A coidada programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña volve por séptimo ano con novas citas mensuais que reunirán poetas de Galicia e do mundo en encontros abertos e gratuítos. O único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España, regresa así ao centro Ágora por unha nova xeira de nove meses que comezará o próximo luns 26 de outubro.

As lecturas poéticas, sempre en idioma orixinal e con traducións ao galego, volverán ter lugar no Auditorio do centro, en luns de cada mes e en horario das 20:30h do serán, contando arredor dunha hora de duración. As librarías da cidade seguirán ofrecendo a posibilidade de adquirir os volumes dos e das convidadas, así como de conseguir as súas sinaturas.

A séptima edición de POETAS DI(N)VERSOS dá o do de peito anunciando unha programación do máximo nivel para o seu primeiro trimestre, e algúns dos poetas máis renomeados da actualidade mundial contemporánea pasarán polo ciclo dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. Tamén ao seu cargo quedará a conducción dos actos e as traducións ao galego dos textos estranxeiros.

Inaugurarán o ciclo dúas voces expatriadas en persa e en galego: a iraniana Sholeh Wolpé -nada en Teherán pero residente hoxe en Os Ánxeles (California)- e Vicente Araguas, natural de Xuvia-Neda e cabeza visible da literatura e a crítica literaria galegas exercidas dende Madrid. Eles compartirán o escenario do Ágora o luns 26 de outubro e, só unha semana despois, o 2 de novembro será quenda para dúas das meirandes plumas da poesía galega e polaca respectivamente: Salvador García-Bodaño e Adam Zagajewski. Membro da Xeración das Festas Minervais, o veterán poeta de Compostela, todo un clásico galego en vida, fará duo cun dos poetas considerados de maior relevo e significación no panorama actual a nivel global. Finalmente, o 14 de decembro reunirá un dos nomes sobranceiros saídos do Batallón Literario da Costa da Morte -Miro Villar- canda a gran dama da poesía de Romanía, a célebre Ana Blandiana.

Seis novos autores de Europa do Leste e Oriente Medio uniranse así aos máis de oitenta poetas que xa teñen pasado por un ciclo que fora galardoado como a Mellor Iniciativa Cultural nos Premios da Crítica Galicia do pasado ano.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión