Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Punto Limpo Móbil

O obxectivo do punto limpo móbil é facilitarlle á veciñanza da Coruña a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

Nunha zona concreta da cidade situarase un vehículo que dispoñerá dunha plataforma traseira móbil, esta abrirase en dúas metades e deixará un corredor central para poder acceder aos colectores específicos para cada tipo de residuo.

Este servizo serve para depositar pequenas cantidades de residuos perigosos do fogar, para o resto, como papel e cartón, plásticos etc. xa hai colectores nas rúas e outros servizos, como o de recollida diaria de mobles.

Neste vehículo haberá un operario que lle axudará á cidadanía a depositar cada residuo no colector correspondente.

Residuos admisibles: Residuos NON admisibles:
  • Aceite doméstico
  • Baterías e acumuladores de Ni-Cd
  • Produtos fotoquímicos (radiografías, CD, DVD...)
  • Cristal
  • Tubos fluorescentes
  • Envases metálicos e plásticos contaminados baleiros (pinturas, vernices...)
  • Tóner e cartuchos de tinta
  • Tecidos (roupa)
  • Pequenos utensilios do fogar (mobles pequenos de madeira)
  • Envases aerosois
  • Equipos eléctricos e electrónicos que conteñen compoñentes perigosos (televisores, ordenadores, teléfonos móbiles etc.)
  • Pequeno aparello eléctrico e electrónico (microondas, lámpadas, batedoras etc.)
  • Cascallos
  • Madeira
  • Pneumáticos
  • Papel e cartón
  • Plásticos
  • Poliespán
  • Restos de poda

Horario: martes a sábado de 09.00 h a 14.15 h

LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

Maio

Zona Castrillón

  • Días 5, 6 e 7 (martes, mércores e xoves): praza Pablo Iglesias

Zona Cidade Vella

  • Días 8 e 9 (venres e sábado): rúa Campo da Estrada (lateral Acuartelamento Atocha)

Zona Durmideiras

  • Días 12 e 13 (martes e mércores): rúa Regata Cutty Sark (á altura do núm. 5, fronte á farmacia)

Zona Elviña

  • Días 14 e 15 (xoves e venres): praza Luis Seoane (zona Edificio Adms. Xunta - acceso aparcadoiro)

Zona Mesoiro

  • Día 16 (sábado): rúa Illas Sisargas (fronte ao Supermercado Eroski)

Zona Lonzas

  • Días 19, 20 e 21 (martes, mércores e xoves): avenida de Cádiz (zona parque infantil)

Zona Os Castros

  • Días 22 e 23 (venres e sábado): avenida do Exército confluencia coa avenida de Oza (zona glorieta)

Zona Os Mallos

  • Días 26, 27 e 28 (martes, mércores e xoves): rúa Capitán Juan Varela (praza Audiencia Provincial)

Zona Vioño

  • Día 29 (venres): Rolda de Outeiro (confluencia coa avenida de Arteixo, zona praza antigo Supercor)

Zona Os Rosales

  • Día 30 (sábado): praza Elíptica

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión