Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de novembro de 2012

A Coruña gañadora na categoría de Enerxía nos IV Premios ás Boas Prácticas Locais polo Clima da FEMP

Con esta iniciativa, o Concello sitúase á vangarda tecnolóxica municipal.

A alcaldesa de Marbella, actual presidenta da Rede de Cidades polo Clima, acompañada de Eduardo González, subdirector xeral de Coordinación de Accións fronte ao cambio climático, fixeron entrega dos galardóns ás catro cidades premiadas nas categorías de Enerxía, Mobilidade, Eco-Innovación e Ordenación do Territorio, urbanismo e edificación no Hospital Real da Misericordia da cidade malagueña de Marbella.

A Coruña resultou premiada coa súa Plataforma para a Xestión Centralizada da Enerxía implantada en 51 edificios, un proxecto pioneiro no ámbito estatal co que se posibilita o control en tempo real dos consumos municipais e a posta en marcha de políticas de xestión sostible da enerxía mediante a implicación de todos os actores municipais, tanto persoal como usuarios, grazas á implantación dunha norma como a ISO 50001.

Os gañadores nas outras categorías foron o Concello de Santander polo seu proxecto de Smart City, no apartado de Eco-Innovación, Candelaria polo seu Servizo de transporte á demanda en vehículo de uso compartido, no apartado de Mobilidade e a Mancomunidade de Municipios Sostibles de Cantabria pola súa Dinamización e custodia de terras agrolóxicas na categoría de Ordenación do territorio, urbanismo e edificación.

Os finalistas foron o Concello de Marbella polo seu ecocentro Arboretum na categoría de Eco-Innovación, a cidade de Vitoria polo Plan Estratéxico de iluminación sostible baixo o criterio Starlight no apartado de Enerxía, Zaragoza polo seu proxecto Zaragoza Mobilidade Sostible na categoría de Mobilidade e Mataró polo seu Edificio de vivendas en aluguer na categoría de Ordenación do territorio, urbanismo e edificación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión