Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Formación ocupacional profesional -PLAN AFD-

Obxecto:

Conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral das persoas traballadoras desocupadas.

A quen vai dirixido?:

Desempregados/as inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Recursos materiais:

Infraestrutura, equipamento e maquinaria, material para prácticas, material didáctico, ferramentas e utillaxe e en xeral todo aquilo necesario para o óptimo desenvolvemento do proceso formativo.

Recursos humanos:

Persoal docente amplamente cualificado nos diferentes campos formativos e persoal técnico orientado á avaliación do perfil profesional.
  • Número de cursos realizados.
  • Numero de alumnos participantes con aproveitamento.
  • Número de alumnos inseridos.

Máis información:

Onde solicitar información sobre a convocatoria actual? Pódela atopar nesta mesma páxina, no apartado de "Actividades" ou chamando ao Punto de Atención para o Emprego 981 184 399.

Accións Formativas para Desempregados (AFD), organizadas polo Concello da Coruña (Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo), financiados conxuntamente pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

 

  • Os cursos son financiados conxuntamente pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e o Fondo Social Europeo.

    Os grupos son de 15 alumnos/as, e impártense no Centro Municipal de Emprego dos Rosales ou nas instalacións do recinto de Bombeiros do Polígono da Grela

  • Requisito mínimo: Estar en situación de desemprego e inscrito/a en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego.
  • A solicitude dos cursos deberase realizar en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego. Despois dunha preselección do alumnado (sondaxes do Servizo Público de Emprego) realízanse probas e/ou entrevistas nas instalacións do Centro Municipal de Emprego. 
  • A orientación e o apoio á inserción facilitan a incorporación ao mercado de traballo.
  • O diploma acreditativo. Unha vez rematado o curso, o alumnado que o finalizase satisfactoriamente e asistise polo menos ao 75% do seu desenvolvemento, recibirá un diploma no que figura o programa do curso, número de horas, módulos transversais etc.
  • Información e publicidade: Consellería de Traballo (Dirección Xeral de Formación e Colocación), a nosa páxina web, oficinas de Emprego e medios de comunicación. 
  • Financiamento: Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia (Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Formación e Colocación) e Concello da Coruña.

Estas accións formativas complementan a oferta de formación que ofrece anualmente no Concello da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión