Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mini S8

A quen vai dirixido?:

Nenos.

Cando:

Dende o 02/06/2012 ata o 03/06/2012

Este evento xa rematou

Horario:

Ás 12.15 horas (2/6/12).

De 11 a 13.30 h (3/6/12).

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento (2/6/12).

5 € (3/6/12).

Televenda:

-101

Sesión 1

Miwa Matreyek

Unha sesión matinal especial das sorprendentes e coloridas performances de Miwa Matreyek, que atraparán dende o primeiro momento tanto aos maiores como aos pequenos. Recoméndaselles aos nenos apuntados ao taller do domingo asistir a esta sesión, que será gratuíta e aberta ao público en xeral.

Sábado 2 de xuño ás 12.15 horas no Centro Cultural Ágora, A Coruña.

Entrada libre ata completar aforamento.

 

Sesión 2

Taller de cine experimental para nenos

Dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos.

As vangardas tamén poden ser divertidas. O humor, a cor, o ritmo e o xogo son elementos que estiveron presentes xa dende os tempos dos pioneiros do cine experimental: materiais primixenios e primitivos tan atractivos como estimulantes e entretidos para os nenos. Mini S8, na súa terceira edición, deseñou un taller lúdico, lírico e cheo de cor que será un festín para os sentidos, dirixido a nenos de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos.

Achegaremos o experimento que é e foi o cine dende as súas orixes aos nenos, esta vez implicándoos na exploración das posibilidades creativas do cine experimental e de vangarda. Comprobaremos que os nenos están máis preto da linguaxe abstracta, experimental e radical que os adultos.

Nesta sesión realizaremos varias micropelículas simulando a técnica de animación sen cámara, cuxo resultado será unha película colectiva experimental con performance incluída e poñeremos fin ao taller cunha sesión especial arredor da obra do cineasta de vangarda canadense Norman MacClaren, cortesía da Embaixada de Canadá en España.

Domingo 3 de xuño de 11.00 a 13.30 horas no Centro Cultural Ágora.

Prezo: 5 euros.
Número de prazas: 20.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión