Conferencia da ilustradora Mª Luisa Torcida, para a que "a esencia do acto de debuxar, debuxar con maiúsculas, é enfrontarte á vida e tratar de captala".
Alumnado de escolas de arte e de maxisterio, profesores de plástica, ilustradores, debuxantes e outros profesionais da materia, persoas de talleres, etc. de debuxo e calquera persoa interesada en aprender a debuxar ou á que lle guste o debuxo.
11/04/2014, de 19:30 a 21:00
Xa rematou
19.30 h.
1 hora
Entrada libre ata completar capacidade.
As ensinanzas do debuxo deben atender amplamente tanto ao debuxo como linguaxe e vía de comunicación como ao debuxo captador da esencia e da vida. Só se debuxa aquilo que se comprende.
María Luisa Torcida nace en Oviedo (Asturias), un 16 de maio de 1963, aínda que ela sempre di que lle gustaría ter nacido en "Krakundolowia", un deses lugares máxicos que só aparecen nos mapas que garda Merlín na súa enorme biblioteca. Pasa en León os veráns da súa infancia e adolescencia, alternando a capital castelá con Madrid, Oviedo e Guadalaxara; cidades ás que está moi vinculada emocionalmente. Actualmente vive en Xixón.
É licenciada en Belas Artes, coa especialidade en gravado, pola Escola de San Fernando de Madrid, (Universidade Complutense). Durante a nenez, son numerosos os premios de pintura e debuxo que lembra ter conseguido, grazas á confianza e o tesón que o seu mestre da infancia, Jose Antonio Sánchez Mariño, lle inculcou, valores que xunto cunha paixón polo debuxo definirana para sempre. En 1984 consegue o 1º e 2º premio de Pintura Xuvenil A, do Certame de Artes Plásticas na fase rexional; obtendo ese mesmo ano, o Premio de Pintura do dito certame na súa fase autonómica realizado no Torreón de Lozoya de Segovia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible