Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de verán Fórum e Ágora 2014

ÁGORA Nº DO SORTEO: 60. FÓRUM Nº DO SORTEO: 502. LUNS 12 DE MAIO: Publicación de listaxes de admitidos e listas de espera. Nos taboleiros do Fórum e do Ágora, respectivamente, e nesta web.

Cando:

Dende o 05/05/2014 ata o 19/05/2014

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/05/2014 ata o 07/05/2014

Prezo:

35 euros por participante e quenda.
Ampliación de horario: 5 euros.


Requisitos:

Nacid@s entre o 1-1-2002 e 31-12-2010.

Documentos:

Resultado do sorteo Ágora (167 KB)

Resultado do sorteo Fórum (235 KB)

A oferta de actividades para a época estival pasa a ocupar parte do tempo de lecer dos nenos e nenas da nosa cidade a través de todo tipo de actividades motrices, producións plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes e o descubrimento da contorna urbana máis próxima, ademais de dar resposta ás necesidades das familias unha vez finalizado o curso escolar.

Inscrición/datas

- Preinscrición: do 5 ao 7 de maio
- Sorteo público: 8 de maio ás 10.00 h, en cada unha das sedes.
 Publicación de listaxes de admitidos e listas de espera: 12 de maio.
- Inscrición: do 12 ao 14 de maio (ambos incluídos)
- Listas de espera: do 15 ao 16 de maio (mediante chamada telefónica no caso de obter praza).
- Prazas libres: a partir do 19 de maio por rigorosa orde de chegada en caso de prazas vacantes
Horarios: a inscrición terá lugar nas conserxerías do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

Duración
Quendas quincenais, con actividades de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h, excepto o último día de campamento, en que se prolongará o horario ata as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia, na que cada participante levará a súa comida.
Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h para tomar unha merenda, que traerá cada participante.
As familias que o desexen poderán solicitar a ampliación de horario de 9.00 a 10.00 h, no momento da inscrición.

Quendas
Quenda 1: do 1 ao 15 de xullo
Quenda 2: do 16 ao 31 de xullo (o 25 festivo non teremos campamento)
Quenda 3: do 1 ao 14 de agosto
Quenda 4: do 18 ao 29 de agosto

Proceso
Realizarase a solicitude no centro no que se desexe desenvolver os campamentos. Pódense solicitar todas as quincenas que se desexen, estas deben solicitarse por orde de preferencia, primeiro adxudicarase a primeira opción solicitada (partindo do núm. extraído no sorteo) ata completar a oferta e logo buscarase conceder polo menos unha aos seguintes solicitantes antes de conceder unha segunda quincena a alguén que xa ten unha.

O sorteo realízase extraendo un número, a adxudicación de prazas comezará a partir da solicitude que teña ese mesmo número, se a primeira/última praza lle corresponde a un neno ou nena cun irmán/á pre-inscrito consecutivamente, ambos os irmáns terían praza.

Participantes
Agruparanse por idades.

Comunícase que durante a actividade realizarase unha reportaxe fotográfica como recordo do campamento.

A actividade non conta con profesionais de apoio para nenos con necesidades educativas especiais.

Temáticas

1ª quenda: "Entre peixes". Temos unha rexión costeira con quilómetros de praias que terminan onde empeza o mar. Para descubrir e coñecer as distintas criaturas que habitan no océano crearemos un bestiario mariño que nos permita vivenciar e desenvolver a nosa creatividade baixo o mar.

2ª quenda: "A miña comida: máis sa e divertida". A cociña e a alimentación saudable son protagonistas nos nosos días. Nesta quenda aprenderemos a elaborar receitas saudables e propiciaremos que os nosos menús sexan creativos e divertidos para os nosos sentidos.

3ª quenda: "Luces e sombras". Son moitas as cores que nos rodean e moitas as posibilidades que nos ofrecen os distintos materiais, para coa presenza da luz e as sombras darlles a forza é imprescindible para crear todo un universo de imaxes. Ademais teremos o Salón do Cómic para inspirar os nosos mellores creativos.

4ª quenda: "Música e tradición". Galicia posúe unha ampla tradición musical. A súa riqueza reside na variedade de ritmos musicais así como de instrumentos. Por iso nesta quenda gozaremos da música da nosa terra, descubriremos ritmos, bailes, propios da música galega.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión