Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

#m8mepresta Letras Galegas 2014 na Biblioteca Ágora

Baixo o lema #m8mepresta (Moito me presta!) a Biblioteca Ágora organiza no mes de maio unha serie de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas e, en xeral, o pracer da lectura no noso idioma propio.

Cando:

Dende o 11/05/2014 ata o 22/05/2014

Este evento xa rematou

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora

Prezo:

Libre ata completar capacidade.

Páxina web:

www.coruna.es/bibliotecas



A OFERTA DE ACTIVIDADES atenderá a todos os públicos e concrétase en:

1. Mostra Bibliográfica "Os mellores da lingua". Selección dalgunhas das mellores obras da literatura galega, abarcando poesía, narrativa, teatro, ensaio e cómic. Haberá mostras específicas de adultos, xuvenil e infantil. Ata o 30 de maio.

2. Wiki "Os mellores da lingua", un espazo en internet de difusión e información sobre as obras escollidas para as mostras bibliográficas.

3. Fotocol #m8mepresta, para divulgar de forma lúdica nas redes sociais fotografías de usuarios e usuarias das bibliotecas recomendando libros e achegando motivos para animar á lectura na nosa lingua propia. Estará activo os días 14, 15 e 16 de maio, de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.

As fotos publícanse en https://www.flickr.com/groups/2666536@N21/.

4. Recital Con dez poemas por barba, con María Lado e Lucía Aldao. Un recital diferente, divertido e que une poesía e música, destinado a público xuvenil e adulto. O venres 16 de maio, ás 19 horas.

5. Contacontos "O neno e a estrela", a cargo do colectivo Fabaloba e a partir do libro homónimo creado en relación á figura de X. M. Díaz Castro, autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Será o luns 19 de maio, ás 18.30 horas.

6. Película documental "Os camiños esquencidos", sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro, realizado polo alumnado do IES X. M. Díaz Castro de Guitiriz. A proxección terá lugar o martes 20 de maio, ás 16.45 horas, no Auditorio do Ágora.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión