Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

21 de xaneiro de 2016

O Concello presenta 'Coruña Gráfica', a guía profesional das e dos ilustradores vinculados á cidade, "reflexo dunha creación local potente que ata agora non foi atendida como merecía"

O edil de Culturas sinala que esta publicación responde ao interese do Goberno local de "aumentar e darlle continuidade" as actividades de promoción da ilustrción máis alá das Viñetas desde o Atlántico

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de presentar esta mañá, no Pazo de María Pita, a iniciativa Coruña Gráfica, a primeira guía profesional de creadoras e creadores locais que traballan no ámbito da ilustración, banda deseñada, animación e humor gráfico. O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, sinalou que a publicación desta guía “correspóndese coa idea dunha creación local potente que non foi atendida como merecía, a pesares de contar cun evento na cidade como Viñetas desde o Atlántico”. O edil, quen se referiu ao sector como “sólido en Galicia”, salientou que a posta en marcha de Coruña Gráfica responde ao interese da Concellería en desestacionalizar a actividade máis aló do Salón do Cómic, aumentar o espectro da campo da ilustración “e darlle continuidade” ao visualizar o traballo “dunha nómina extensa de autores vinculados á Coruña, non dun xeito restrictivo”, segundo explicou Sande. O concelleiro, quen fixo referencia á cabeceira local ‘Coruña Cómica’ de principios do século XX na presentación,  afirmou que a obra “é suficientemente atractiva para a súa difusión en feiras do libro a nivel internacional ou salóns do libro”, e agarda que as e os autores poidan ter unha “repercusión de cara fóra” despois da publicación e distribución da guía.

Coruña Gráfica recolle os traballos, algúns inéditos, de 69 autoras e autores profesionais ou semiprofesionais da cidade ou que desenvolveron unha parte da súa traxectoria profesional na mesma. Segundo Manel Cráneo, director do proxecto, trátase “dunha guía incluínte de creadores locais, de todas as especialidades, co debuxo coma ferramenta común”, na que debuxantes consagrados, nomeados aos Premios Eisner ou directores de películas de animación comparten páxinas con artistas de longa traxectoria como freelance no ámbito da ilustración editorial e da banda deseñada ou que veñen de publicar os seus primeiros traballos.  “É unha oportunidade de promoción cultural e laboral para a xente que está aquí”, explicou Cráneo, quen salientou o carácter “innovador” da proposta, “porque até agora ningún Concello do estado fixera un censo coma este”. “Temos un panorama de autores locais brutal e que está triunfando no mercado francés ou norteamericano, pero aquí non os coñecemos. Potenciarnos e facer un escaparate coruñés, cun censo de autores como é esta guía, é importantísimo”, destacou.

Ademais dos traballos, a guía amosa obras destacadas, premios, portfolio dixital, contacto e unha fotografía de cada autor e autora realizada nos espazos culturais dependentes da Concellería de Culturas, como son as casas museos, bibliotecas, museos científicos, Fórum Metropolitano, Centro Ágora ou Teatro Rosalía Castro. Coruña Gráfica, cuxa imaxe “evoca ao escudo da cidade pero cun lápis e pincel, os elementos gráficos por excelencia”, segundo Cráneo, “e lembra o último número da revista Coruña Cómica”, inclúe tamén artigos retrospectivos sobre a ilustración na Coruña escritos por Xulio Carballo, Henrique Torreiro e Carlos Amil.

A primeira tirada da guía profesional ten 800 exemplares e será distribuída por empresas de todo o Estado de interese para o sector, como xogueterías, produtoras audiovisuais, medios de comunicación, editoriais, grandes marcas do mundo téxtil, axencias de ilustración, ademais de feiras internacionais. Tamén inclúe unha Guía para clientes, “que dá unhas pautas para saber como se fai un encargo para un profesional da ilustración tendo en conta os prazos, orzamentos ou contratos, nos que se teñan presentes os dereitos de autor”, explicou Cráneo. Coruña Gráfica tamén contará cun formato dixital ampliable para novos e novas autoras, e estará dispoñible nos vindeiros días na web municipal www.coruna.es/cultura.

Mesa redonda sobre a ilustración

Esta tarde, ás 19.30 horas, terá lugar a presentación ao público no Centro Ágora na que participarán autoras e autores de Coruña Gráfica.  A continuación celebrarase a mesa redonda  ‘Presente, pasado e futuro da ilustración coruñesa’, na que Henrique Torreiro será o moderador e contará coa presencia de tres profesionais da ilustración de distintas xeracións, como son Alberto Taracido, Uxía Pin e Santy Gutiérrez.




Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión