Talleres
Infantil
De 6 a 10 anos
24/08/2015
Xa rematou
Dende o 17/08/2015 ata o 24/08/2015
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Un obradoiro onde ti, Manel Cráneo e o científico alieníxena Pichük seredes os protagonistas.
Este obradoiro, que provén do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, combinará a lectura con ambientación sonora en directo.
Coñeceremos o planeta imaxinario onde habita Pichük co seu robot Riböt, aprenderemos a practicar a creación de personaxes e mundos imaxinarios e fabricaremos chapas.
Non te perdas este obradoiro!
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible