Encontros e presentacións
Xuvenil, Persoas adultas
+ 15 anos
08/03/2016
Xa rematou
De 12.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Para celebrar o Día da Muller Traballadora temos organizado a presentación da novela "Los muertos viajan deprisa" de Nieves Abarca e Vicente Garrido, a cargo da autora.
Os criminólogos Vicente Garrido e Nieves Abarca forman o tándem literario máis aplaudido da actual novela negra, e os libros protagonizados por Valentina Negro, unha belísima e violenta inspectora de policía, contan cunha auténtica lexión de lectores.
"Los muertos viajan deprisa" é unha invitación a asomarse ás debilidades humanas e unha reflexión sobre os motivos que poden levarnos á maldade. Un relato extraordinario que vai máis aló de calquera etiqueta de xénero.
Achégate e pregunta aos autores todo aquilo que desexes.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible