Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Chiscadelas a Manuel María

Tipo de actividade:

Outras actividades

Tipo de público:

Docente/Centro escolar, Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/05/2016 ata o 17/05/2016

Este evento xa rematou

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.es

981189886

Desde a Biblioteca Ágora celebramos o Día das Letras Galegas colaborando co CEIP María Barbeito na difusión dos traballos realizados polo alumnado nesta data dedicada a Manuel María.

Canalizamos as inquedanzas de visibilización da comunidade educativa e afondamos na filosofía de "unha biblioteca que avanza é aquela que mira máis alá de si mesma”, converténdose nun punto de encontro valorado polos axentes da súa contorna. 

Nesta ocasión, para destacar o idioma como valor identitario e de creación literaria, animamos a todo o mundo a facer a súa persoal chiscadela.

Un chisco simbólico ao autor de Outeiro de Rei, pero tamén a calquera obra literaria en galego que nos queirades recomendar. Convidámosvos a facelo nas redes sociais (Twitter, Instagram, Facebook) empregando os hastahgs #m8mepresta #ManuelMaría  e etiquetándonos nas vosas fotos!

Visualiza o vídeo "Chiscadela a Manuel María" que preparamos para o alumnado do ciclo infantil.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión